Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 18 de outubro de 2019

AVISOS
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...

NOVAS

O Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social, colabora coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na conmemoración do Día mundial contra o cancro de mamá. O Concello colocou dous vinilos, un no balcón da Casa do Concello e outro na Casa da Cultura do Milladoiro. Adem ...

Este domingo, 20 de outubro, celebrarase, a partir das 10.30 da mañá, a vixésima edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames. Este ano vólvese a repetir a tendencia de superar os 1.400 participantes, con 484 persoas inscritas para a carreira absoluta e 921 para as escolares. Est ...

Este xoves, 17 de outubro, celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobaron as axudas aos traballadores/as municipais con cargo ao Fondo de Acción Social, correspondente á convocatoria do exercicio 2018. Tamén se aprobou a modificación do prazo de execución parcial ...

O alcalde de Ames, José Miñones, mantivo unha xuntanza institucional co vicepresidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Ramón Sestayo Lestón. Esta xuntanza serviu para coñecer de primeira man a contratación social responsable que a entidade está a levar. Esta ...

Os meses de outubro e novembro chegan cargados de diferentes actividades culturais aptas para toda a familia. A programación de outono, que xa empezou no mes de setembro, abrangue máis de 40 actividades. Entre elas atopamos obras de teatro, actividades deportivas, obradoiros, un festival de max ...

A Asociación Europea de Economía e Competitividade concedeu á empresa tecnolóxica amesá Tecalis o Premio Europeo á Xestión e Innovación Empresarial 2019. A distinción recoñece ás empresas máis representativas que apostan pola busca de novas fórmulas de innovación empresarial. Ademai ...

O obradoiro de relaxación, organizado pola Oficina de Voluntariado de Ames, dará comezo o próximo 22 de outubro e impartirase todos os martes, en horario de 10.30 a 12.00 horas. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse chamando ao 662 377 044 ou enviando un correo electrónico ...