- Tipo
- Tematica
Coincidindo coa conmemoración do Día internacional do voluntariado, este xoves 5 de decembro, a Concellaría de Benestar Social organiza a primeira edición da Gala do voluntariado de Ames onde se homenaxeará os 42 voluntarios/as que colaboran coa Oficina municipal de Voluntariado de Ames (OVA). En dito acto entregaráselle aos/ás voluntarios/as un carné e un pequeno agasallo. Tamén se lle entregará un galardón aos/ás catro voluntarios/as máis veteranos/as. Contarase coa actuación musical de Os D´Abaixo.
Durante o transcurso do acto, que se realizará na Casa da Cultura do Milladoiro, entregaráselle ao voluntarios/as un carné e un pequeno agasallo. Tamén se lle entregará un galardón aos/ás catro voluntarios/as máis veteranos/as e haberá unha proxección moi especial relacionada con estes/as catro voluntarios/as que foron os/as primeiros/as en colaborar coa OVA.
Ademais, haberá unha exposición fotográfica na entrada da Casa da Cultura do Milladoiro con fotografías dende decembro de 2001, momento no que se puxo en marcha a Oficina de Voluntariado de Ames, ata a actualidade. Para animar a Gala contarase coa actuación musical de Os D´Abaixo e rematarase o acto cun brinde de Nadal cos todos os voluntarios e voluntarias.