- Tipo
- Tematica
A gala de entrega de premios do Concurso Radiofónico de Teatro Lido "Desata a Lingua!" terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns e nela participará todo o alumnado participante.
Nesta edición participan sete grupos do IES do Milladoiro: A rebelión, Os Cómicos, Amesá, Os Ventinianos, Ponis Salvaxes, Sacarina e M.A.C; e 14 do IES de Ames (Bertamiráns): Pandilla de empanadilla, Patos sen zapatos, S.E.N.A, RVR, Plumas douradas, XVG, As de primeiro, Raíces de amizade, Sardiñas armadas, As catro fantásticas, As esquíos de Ames, Discípulos de Xosé Ramón, ZRI e A fume de carozo.
Repartiranse tres premios de 200 euros para os grupos gañadores: o premio ao mellor guión orixinal, o premio á mellor interpretación e o premio do público, que a audiencia de Ames Radio escollerá entre as pezas emitidas a que obterá este galardón.
Asemade, o Concello de Ames designará un xurado que será o encargado de seleccionar os premios ao mellor guión e interpretación.