Pestanas principais

Foron doados ao Banco de Alimentos Municipal uns 2.000 quilos de alimentos e produtos de hixiene

Sábado, 28 de decembro de 2019

O pasado venres, 20 de decembro, celebrouse en Ames unha andaina saudable solidaria en favor do Banco de Alimentos Municipal. Nesta campaña tamén colaboraron os colexios e escolas infantís municipais, así como as asociacións de comerciantes e empresarios do concello e outros colectivos como JUPEMI e ASPAMITE. Grazas a solidariedade da veciñanza amesá recadáronse arredor de 2.000 quilos de alimentos e produtos de hixiene, que están sendo repartidos por un grupo de voluntarios e voluntarias entre a poboación amesá que máis o necesita nestes días.

A andaina solidaria, foi organizada o pasado venres 20 de decembro por parte da Oficina de Voluntariado e o departamento de Sanidade do Concello de Ames. Esta, tiña como obxectivo as doazóns de produtos de Nadal e/ou produtos de hixiene para os máis desfavorecidos. Un obxectivo conseguido con creces, xa que grazas a colaboración dos colexios, as escolas infantís municipais, asociacións de comerciantes e empresarios do concello e outros colectivos como JUPEMI e ASPAMITE, foron recollidos arredor de 2.000 quilos de produtos.

Os produtos recadados están sendo repartidos por un grupo de voluntarios e voluntarias entre as familias máis desfavorecidas de Ames, as cales se encontran en coñecemento do departamento de Benestar Social do Concello.

Esta iniciativa solidaria desenvolveuse o pasado 20 de decembro nunha carpa instalada na praza de Chavián. Dentro da carpa realizáronse actividades deportivas dirixidas e orientadas a idade/condición física dos asistentes e repartiuse chocolate con rosca entre todos os/as participantes. Tamén houbo diferentes sorteos. O obxectivo era xuntar alimentos e produtos de hixiene para repartir estre as familias máis necesitadas do concello.

 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Dúas toneladas de alimentos e produtos de hixiene para amesáns sen recursos"

Doazón ao Banco de Alimentos Municipal

Multimedia

  • Doazón ao Banco de Alimentos Municipal
  • Doazón ao Banco de Alimentos Municipal
  • Doazón ao Banco de Alimentos Municipal
  • Doazón ao Banco de Alimentos Municipal