Pestanas principais

O Concello de Ames e XEA facilitan as rebaixas con inchables para os nenos e nenas e servizo de ludoteca este sábado, 11 de xaneiro

Venres, 10 de xaneiro de 2020

Con motivo do inicio do período de rebaixas nos comercios, a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) facilitará este sábado, 11 de xaneiro, as compras para a veciñanza amesá. XEA ofrecerá un servizo de ludoteca para as familias de 12.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 18.00 horas pola tarde. Asemade, tamén procederá a colocar inchables para os pequenos e pequenas na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. O Concello de Ames colabora tamén desta iniciativa, aportando os inchables que se colocarán na Praza da Maía, en Bertamiráns, que por mor do mal tempo non se puideron disfrutar nas festas de Nadal.

Todas aquelas familias que queiran facer uso do servizo de ludoteca que XEA achega para facilitar as compras este sábado, 11 de xaneiro, deberán presentar un ticket de compra de 10 euros dun dos comercios asociados, e así poder deixar aos nenos e nenas unha hora ben na Mona Ramona, en Bertamiráns, ou en Peixiños no Milladoiro. Os horarios nos que se prestará o servizo de ludoteca van de 12.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 18.00 horas pola tarde.

Asemade, a Xuntanza de Empresarios de Ames tamén procederá á colocación de inchables tanto en Bertamiráns como no Milldoiro, para que os nenos e nenas amesás poidan estar entretidos durante toda a xornada. Así, haberá inchables na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, e na Praza da Maía, en Bertamiráns. O Concello de Ames aportará, para esta xornada, os inchables que se colocarán en Bertamiráns, logo de que no período de Nadal non se puidera facer uso dos mesmos por mor do mal tempo.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "O Concello de Ames e XEA facilitan as rebaixas con inchables para os nenos e nenas e servizo de ludoteca este sábado"

Cartel Ludoteca rebaixas

Multimedia

  • Cartel Ludoteca rebaixas