Pestanas principais

>Teatro, comedia: O meu mundo non é deste reino

Venres, 6 marzo, 2020
Ás 21.00 horas

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta peza teatral de Teatro da Ramboia. Foi proposta gañadora do Premio Mnauel María de Proxectos Teatrais. Cunha duración de 85 minutos, está destinada a un público adulto.

Uns feriantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camiño e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Acarrean ás espaldas un enorme "tutilimundi". A disxuntiva de abrilo o converte nunha caixa de pandora latente. Contar e dar vida ao que contén, supón unha única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Unha maneira de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.

É unha adaptación de "Farsa de Bululú" de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.