Pestanas principais

Anxo Lorenzo e Carlota Pazos gañan na categoría sénior da segunda proba da Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT

Luns, 03 de febreiro de 2020

Este domingo, 2 de febreiro, desenvolveuse na localidade de Bertamiráns a segunda proba da Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT. Este evento deportivo está composto de tres probas: a primeira realizouse o pasado domingo 26 de xaneiro en Noia e a terceira é última celebrarase o domingo 16 de febreiro. Esta proba estivo organizada polo club Os Esfola Arrós e contou coa colaboración do Concello de Ames. Participaron 155 ciclistas repartidos en diferentes categorías. A Liga conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, da Deputación Provincial da Coruña e de Rótulos Orixinal Imaxe.

A proba OEA de Ames está encadrada dentro da Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT. A Liga está organizada polos clubs ciclistas Os Esfola Arrós (Ames), O Toxo (Noia) e Baikers do Vilán (Camariñas), en colaboración cos Concellos de Ames, Camariñas e Noia. Está formada por tres probas, que se rexeran por un mesmo regulamento. A primeira das probas desta Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT tivo lugar o pasado domingo 26 de xaneiro, en Noia.

Este domingo, 2 de febreiro, desenvolveuse a segunda proba da Liga en Bertamiráns co circuíto OEA Ames. Realizouse nun circuíto semiurbano, de aproximadamente 6 quilómetros e 90 metros de desnivel, cuxo epicentro estivo no paseo do Rego de Ameneiral. Nesta proba participaron un total de 155 ciclistas repartidos en diferentes categorías. Na proba individual sénior gañaron Anxo Lorenzo, do club Louriña Cycling Team, e Carlota Pazos, do Triatlon Costa da Morte.

Na categoría individual masculina xuvenil impúxose Roi López, do Club ciclista Compostelano; na categoría individual masculina veteranos A gañou Brais Rodríguez, do 3AG CD; na categoría individual masculina veteranos B a vitoria foi para Manuel Carrelo do Pilla Bikes; e na categoría individual masculina veteranos C impúxose José Ramón Villanueva do Armenteira e Punto. Por outra banda, na categoría individual feminina veteranas A gañou María Martínez do Armenteira e Punto; e na categoría individual feminina veteranas B a vitoria foi para Nuria Senra do MTB Eskornabois.

Na categoría equipos 2 masculina impuxéronse Roberto Freire e Ángel Maneiro, do Toxo sub 23 Team; na categoría equipos 2 mixta gañaron Mar Delgado e Adrián Rojo, do Don´t Worry Beer Biker; e na categoría equipos 3 masculina impuxéronse Manuel, Eduardo e José Manuel, do BBZ-Master Team. Ao pé desta nova podes consultar as clasificacións completas desta proba. Tamén se poden ver as clasificacións premendo nesta ligazón.

Do club ciclista amesán Os Esfola Arros participaron 12 ciclistas. Cómpre destacar o segundo posto conseguido por Jorge Pérez e Uxío Canosa na categoría equipos 2 masculina.

Proba en Camariñas: domingo 16 de febreiro

Houbo premios individuais para os/as tres primeiros/as clasificados/as, masculinos e femininos, nas categorías: xeral, xuvenil (2004-2001), sénior (2000-1991), veteranos A (1990-1981), veteranos B (1980-1971) e veteranos C (1970-1951); así como premios aos tres primeiros nas categorías de relevos de 2 e de 3 persoas.  O circuíto de Camariña será o encargado de finalizar a Liga, que terá lugar o domingo, 16 de febreiro, ao longo dunha senda peonil dende a vila de Camariñas ata o faro de Cabo Vilán.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca que “durante deste domingo 155 ciclistas puideron desfrutar de 6 quilómetros de circuíto semiurbano combinado con zonas de monte, na que o público que ata alí se achegou, pasou unha mañá moi entretida vendo de preto os corredores e corredoras. Grazas a Policía Local, Protección Civil, Brigada de Obras, ao técnico de deportes, Alberto Viaño, e ao club ciclista Esfola Arrós, pola súa organización e coordinación. Tamén quero dar as grazas aos concelleiros e concelleiras que se achegaron ata o circuíto e aos que participaron no acto de entrega de premios, e a todas aquelas persoas que dunha maneira ou outra participaron no desenrolo da proba. Noraboa a todas e todos”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Anxo Lorenzo y Carlota Pazos ganan al paso de la Liga Galaica por Ames"

Imaxe da segunda proba deportiva da Liga galaica de 3 horas de Resistencia BTT

Multimedia

  • Imaxe da segunda proba deportiva da Liga galaica de 3 horas de Resistencia BTT
  • Imaxe da segunda proba deportiva da Liga galaica de 3 horas de Resistencia BTT
  • Imaxe da segunda proba deportiva da Liga galaica de 3 horas de Resistencia BTT
  • Imaxe da segunda proba deportiva da Liga galaica de 3 horas de Resistencia BTT
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios
  • Imaxe do acto de entrega de premios