Pestanas principais

Apróbase o expediente de licitación de tres obras que se executarán nas parroquias de Biduído e A Ameixenda por valor de 281.518 euros

Sábado, 08 de febreiro de 2020

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación de tres proxecto, por valor de 281.518,59 euros, que se sufragarán con cargo ao POS+ adicional de 2019. Estas obras executaranse en diferentes lugares das parroquias de Biduído e A Ameixenda. Estes proxectos licítanse por lotes, para non facelo de xeito individualizado. Así, gáñase tempo no proceso administrativo co obxectivo que se os proxectos se adxudiquen e executen o antes posible. Os proxectos que se van a licitar atinxen á pavimentación co camiño que vai de Tarrío a Raíces; a pavimentación do acceso a Sura; e maila pavimentación dos viarios do núcleo de Raíces.

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, con un único criterio de adxudicación (o prezo), dos contratos de tres lotes de obras de pavimentación de camiños e viarios municipais, incluídas no POS+ adicional de 2019, convocando a súa licitación. Estes proxectos licítanse por lotes, para non facelo de xeito individualizado. Así, gáñase tempo no proceso administrativo co obxectivo que se os proxectos se adxudiquen e executen o antes posible.

As obras que se van licitar son a pavimentación do camiño que vai de Tarrío a Raíces; a pavimentación do acceso a Sura; e maila pavimentación dos viarios do núcleo de Raíces. Asemade, aprobouse o gasto correspondente por importe de 232.659,99 euros, máis o IVE correspondente que ascende a 48.858,60 euros, o que fai un total de 281.518,59 euros.

O concelleiro de Obras, Servizos Básicos e Protección Civil, Blas García, destaca que “no POS+ complementario 2019 están incluídos 7 proxectos, por valor de 777.415,69 euros, que se executarán nas parroquias de Ortoño, Biduído, Covas, A Ameixenda e Bugallido, así como na localidade do Milladoiro. Deste xeito, faise unha aposta clara polo rural con novos investimentos en obras de pavimentación e coa construción duns novos vestiarios no campo de fútbol do Milladoiro e de dúas novas senda peonís de Outeiro a Costoia e de  Sisalde ata Agro do Muíño”.

Obras en Raíces (Biduído)
O orzamento base do proxecto de pavimentación de viarios no núcleo de Raíces (Biduído) é de 102.696,73 euros. A través de ditas obras preténdese a mellora da capa de rodaxe de catro viarios de 80x4,00; 120x8,00; 700x5,00 e 400x5,00 metros, con seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Tamén se pretende a execución de 120 metros (80 e 40 metros) de cuneta de seguridade revestida de formigón, baixo a que se canalizará tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e executaranse 5 arquetas con sumidoiro, para recollida de augas pluviais, previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma. Completan a obra a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e unha partida para adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Mellora do camiño que vai de Tarrío a Raíces
Outro dos proxectos que se vai desenvolver na parroquia de Biduído é a pavimentación do camiño que vai de Tarrío a Raíces, que conta cun orzamento base de licitación de 90.920,30 euros. Neste caso actuarase nun camiño cunha lonxitude total de 835 metros e dividido en cinco treitos de 400x4,00; 110x9,00; 90x5,00; 50x4,00 e 185x4,00 metros. Preténdese así a mellora da capa de rodaxe con seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Tamén se vai pavimentar un sobreancho de 30x20,00 metros, con dez centímetros de grava, tratamento asfáltico semiprofundo e seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previo acondicionamento, nivelación e rasanteo da explanación. Contémplase a obra coa execución de 286 metros (190 e 96 metros) de cuneta de seguridade revestida de formigón, baixo a que se canalizará tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e executaranse 7 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais, previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma.

Pavimentación do acceso a Sura (A Ameixenda)
Por outra banda, vaise executar o proxecto de mellora dos accesos ao lugar de Sura, na parroquia da Ameixenda. Este proxecto conta cun orzamento base de licitación de 87.901,56 euros. Actuarase nun viario de 2.010 metros de lonxitude, dividido en dous treitos de 310x4,50 e 1.700x3,50 metros, así como en 125 metros cadrados de sobreanchos. A través desta actuación vaise mellorar a capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Completan a obra a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames licita para el rural tres obras de pavimentación por 281.518 euros"

Compostela 24 horas: "Apróbase o expediente de licitación de tres obras que se executarán nas parroquias de Biduído e A Ameixenda"

Imaxe do lugar de Raíces