Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 2 de marzo de 2020

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, cun único criterio de adxudicación (o factor prezo) das obras de construción duns vestiarios baixo a grada do campo fútbol do Milladoiro, convocando así ...

O Concello de Ames abre o prazo para que os usuarios e usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2020-2021 na Rede de comedores escolares e nos programas Bos días cole e Tardes divertidas. Como novidade este ano vaise ...

Onte 27 de febreiro celebrouse o pleno ordinario do mes de febreiro no que a Corporación municipal aprobou o plan de subvencións do Concello de Ames para o período 2020-2022. Tamén se prestou aprobación á constitución da asociación do camiño Fisterra e Muxía; ao convenio coa Deputación ...

A sala de xuntas do centro de saúde de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación do programa SaúdeAndo 2020, organizado pola Concellería de Promoción da Saúde en colaboración cos centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro. O programa está composto por un amplo programa de and ...

AVISOS

A Aula municipal de informática do Milladoiro imparte no mes de marzo un obradoiro de mecanografía dirixido a persoas maiores de 16 anos interesadas en aprender a mecanografar. Este obradoiro impartirase os luns e mércores dende o día 9 ata o 23 de marzo. Haberá dúas quendas; unha de mañá, e ...
Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.