Martes, 17 de marzo de 2020
- Tematica
O Concello de Ames informa de que por medio de decreto de Alcaldía se suspende a celebración das sesións de Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións Informativas, durante a duración do estado de alarma declarado polo Goberno do Estado. Ademais, suspéndese a celebración das restantes reunións de traballo coa única excepción da Comisión de seguimento do Coronavirus COVID-19.
O goberno municipal do Concello de Ames segue adoptando diferentes medidas derivadas do estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, a través do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Esta declaración comporta unha severa limitación dos desprazamentos e o peche dos establecementos comerciais.
Ademais, a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) o día 15 de marzo de 2020 ditou unha Instrución para os concellos galegos propoñendo a adopción de determinadas medidas.
Entre as medidas propostas figura a suspensión das sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais: Xunta ade Goberno Local, Pleno do Concello, Comisións Informativas, etc, coa única excepción da Comisión de Seguimento do COVID-19 ou calquera outra que fose preciso celebrar.
Debido a iso a Alcaldía do Concello de Ames resolveu suspender a celebración das sesións de Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións Informativas, durante a duración do estado de alarma declarado polo Goberno do Estado. Asemade, suspéndese a celebración das restantes reunións de traballo coa única excepción da Comisión de seguimento do Coronavirus COVID-19.
Avocación das competencia da Xunta de Goberno
Por outra banda, o alcalde de Ames a través doutro decreto vén de avocar, durante a duración do estado de alarma, a totalidade das competencias delegadas pola Alcaldía na Xunta de Goberno Local.
Por outra banda, o alcalde de Ames a través doutro decreto vén de avocar, durante a duración do estado de alarma, a totalidade das competencias delegadas pola Alcaldía na Xunta de Goberno Local.
Descargas: