Pestanas principais

Información sobre os animais de compañía durante o estado de alarma

Mércores, 18 marzo, 2020
O Concello de Ames informa sobre a circular 5/2020 remitida pola FEMP sobre a información de relevancia dos animais de compañía durante o estado de alarma.
Dende a Dirección Xeral de Dereitos dos Animais, dependente do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, achegaron varias recomendacións sobre os animais de compañía para o período recolleito dentro do Real Decreto de Alerta. Preme aquí para consultar dita circular sobre os animais de compañía.
 
Ao pé deste aviso pódese descargar tamén un exemplo/modelo de salvoconducto ou autorización para as persoas que fagan tarefas de voluntariado nos centros de protección animal de cara a facilitarlle ás forzas de seguridade a identificación destas persoas.

Multimedia