Pestanas principais

A Policía Local incide en que se deben de cumprir as limitación da liberdade de circulación das persoas derivadas do estado de alarma

Xoves, 19 de marzo de 2020

Dende o Concello de Ames lémbrase unha vez máis a importancia de cumprir as medidas postas en marcha polo Goberno do Estado para frear o avance do Coronovirus, a través da aprobación do Real Decreto 463/2020 que establece o estado de alarma. Deste xeito, incídese en que queda prohibido circular pola vía pública salvo nos casos recollidos no artigo 7 de dito Real Decreto. Tamén se recorda que as persoas que saían á vía pública deben de facelo soas (de xeito individual). O mesmo acontece para circular en vehículo, xa que só poderá ir unha persoa por vehículo, salvo casos excepcionais. O incumprimento destas medidas pode derivar en sancións económicas.

A Policía Local de Ames incide na importancia do cumprimento das medidas aprobadas para frear o avance do COVID-19. Por iso recórdanlle á veciñanza que queda prohibido circular pola vía pública, salvo nos casos recollidos no artigo 7 de dito Real Decreto. Deste xeito, permítese circular pola vía pública, sempre de xeito individual, para acudir as tendas de alimentación (carnicerías, froiterías, peixarías e panaderías), supermercados, farmacias... O mesmo acontece para circular en vehículo, xa que só poderá ir unha persoa por vehículo, salvo casos excepcionais. O Real Decreto foi modificado para que se poidan acompañar a persoas con discapacidade, maiores ou nenos/as e menores de idade, pero trátase de casos excepcionais.
 
No Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, establece a imposibilidade de circular pola vía pública salvo para os casos recollidos no artigo 7 sobre a limitación da liberdade de circulación das persoas:
 
1.- Durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías de uso público para a realización das seguintes actividades:
a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual.
e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza que haberá que facer de xeito individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por outra causa xustificada.
 
O incumprimento destas medidas pode derivar en sancións económicas
Polo tanto, o incumprimento desta disposición leva aparellada a imposición de sanción por parte da Autoridade pertinente. Sancións que se impoñerán consonte ao establecido na Lei de Seguridade Cidadá.
 
Ademais de todo iso, cómpre ter en conta, que ao día seguinte de decretarse o estado de alarma, o Ministerio do Interior, sacou unha Orde sobre os criterios de actuación das Forzas e Corpos de Seguridade (Orde INT/226/2020, de 15 de marzo, pola que se establecen criterios de actuación para as Forzas e Corpos de Seguridade en relación co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19) que se pode descargar ao pé desta nova e premendo nesta ligazón. No apartado quinto de dita Orde establécese o réxime sancionador:
 
1.- A cidadanía ten o deber cívico de colaborar e non obstaculizar o labor dos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, e conforme establecen o artigo 10 da Lei Orgánica 4/1981, e o artigo 20 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, o incumprimento ou a resistencia ás ordes da Autoridade competente será sancionado con arranxo ao disposto nas leis.
 
2.- Se estes actos sinalados no punto anterior fosen cometidos por empregados públicos, tramitarase o correspondente atestado ou incoarase procedemento sancionador, notificándoo ao superior xerárquico a efectos disciplinarios, e porase en coñecemento inmediato da Secretaría de Estado de Seguridade, para o seu traslado á Autoridade competente, que poderá suspendelos de inmediato no exercicio dos seus cargos.
 
3.- De acordo con iso, sen prexuízo doutros delitos ou infraccións nos que se poida incorrer, convén lembrar que o incumprimento ou a resistencia ás ordes da Autoridade competente poden ser constitutivos de delitos de atentados contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos, e de resistencia e desobediencia, tipificados de forma específica nos artigos 550 a 556 do Código Penal.
 
4.- Igualmente, o artigo 36.6 da Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá, considera como infracción grave, a desobediencia ou a resistencia á autoridade ou os seus axentes no exercicio das súas funcións, cando non sexan constitutivas de delito, así como a negativa a identificarse a requirimento da autoridade ou dos seus axentes ou a alegación de datos falsos ou inexactos nos procesos de identificación.
Imaxe de tres axentes da Policía Local de Ames