Pestanas principais

O Concello modifica a data de desconexión coa sede electrónica da Deputación da Coruña como consecuencia da situación xerada polo COVID-19

Venres, 20 de marzo de 2020

O Concello de Ames informa de que por medio de decreto de Alcaldía se modifica a data de desconexión coa sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña como consecuencia da situación excepcional orixinada pola epidemia do coronavirus (COVID-19). Debido a isto solicítaselle á Deputación Provincial da Coruña unha prórroga na data de desconexión da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña, quedando sen determinar a nova data á espera do levantamento do estado de alarma.

O Concello de Ames, na sesión plenaria do pasado 27 de febreiro de 2020, adoptou o acordo de revogación do convenio de colaboración para o uso compartido da sede electrónica da Deputación provincial da Coruña. O acordo adoptado establecía como data de desconexión o día 1 de abril de 2020.
 
Este acordo adoptouse despois de que o Concello de Ames estea inmerso no proceso de implantación dun novo servizo municipal de Administración electrónica, que está executando a empresa ADD4U Soluciones para gestión y desarrollo SL, adxudicataria de dito servizo. A través deste contrato o Concello de Ames disporá dunha nova plataforma de Administración electrónica e un novo sistema de expedientes para o persoal municipal.
 
Unha vez adxudicado o contrato, dentro da fase de implantación estaban previstas unhas formacións presenciais para o persoal municipal os días 17 e 18 de marzo, e outras de refresco os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril que contarían coa necesaria presencia de persoal da empresa adxudicataria do contrato ADD4U Soluciones para gestión y desarrollo SL.
 
Non obstante, dada a evolución da pandemia do coronavirus COVID-19, o Goberno do Estado declarou o estado de alarma mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo. Entre as medidas do Real decreto 463/2020 atópase a suspensión de prazos e a interrupción de prazos para a tramitación do procedementos administrativos.
 
Debido a isto solicítaselle  á Deputación Provincial da Coruña unha prórroga na data de desconexión da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña, quedando sen determinar a nova data á espera do levantamento do estado de alarma, dada imposibilidade de que o día 1 de abril poida estar en servizo a nova plataforma. A nova data será comunicada coa antelación oportuna á Deputación provincial da Coruña. No próxima sesión plenaria darase conta de dita resolución.
 
Novas relacionadas: 
Imaxe de arquivo da Administración electrónica