Luns, 06 de abril de 2020
- Tematica
O alcalde de Ames, Jose Miñones, vén de enviarlle este luns, 6 de abril, unha carta ao presidente da Mancomunidade Serra do Barbanza, Luis Oujo, para solicitarlle que nos vindeiros días leven a cabo unha limpeza exhaustiva dos colectores situados no municipio amesán, procedendo ao seu lavado a presión e posterior desinfección, tendo en conta que neles se depositan os residuos da veciñanza entre os cales existen afectadas e afectados polo COVID-19, e isto converte aos colectores en zonas perigosas para a comunidade amesá.
Dende o Concello de Ames, e ante a grave crise sanitaria que se está a vivir a nivel mundial pola propagación do coronavirus (COVID-19), o alcalde de Ames, José Miñones, envioulle unha carta ao presidente da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, que xestiona o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza e presta os servizos de recollida e tratamento de lixo no noso Concello.
Nestes días é prioritario que as tarefas de hixiene e desinfección se extremen, e por iso solicitáselle que nos vindeiros días leven a cabo unha limpeza exhaustiva dos colectores situados no municipio amesán, procedendo ao seu lavado a presión e posterior desinfección, tendo en conta que neles se depositan os residuos da veciñanza entre os cales existen afectadas e afectados polo COVID-19, e isto converte aos colectores en zonas perigosas para a comunidade amesá.
O rexedor amesán, Jose Miñones, explica que “dita solicitude xa foi feita verbalmente a pasada semana e gustaríanos que fose atendida a maior brevidade posible, xa que consideramos que esta medida é prioritaria para afrontar e frear o avance de contaxios desta perigosa pandemia”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames e Caldas céntranse na desinfección dos concellos"
Descargas: