Pestanas principais

O Concello de Ames conmemora o Día Mundial da Esclerose Múltiple sumándose á campaña “Conexións EM”

Venres, 29 de maio de 2020

O Concello de Ames súmase á campaña “Conexións EM” co lema “Conéctome, conectámonos” para conmemorar o Día Mundial da Esclerose Múltiple, que se celebra o 30 de maio de cada. Desta maneira, a Casa do Concello será iluminada de cor laranxa e anímase á veciñanza a facer un corazón coas mans e subir as fotos ás redes sociais co cancelo #ConexionesEM.

Baixo o lema “Conéctome, conectámonos” a campaña #ConexionesEM deste ano ten como obxectivo derribar as barreiras sociais que xeran soidade e illamento social entre as persoas con Esclerose Múltiple, particularmente na actual situación de distanciamento social.

A campaña #ConexiónsEM desenvolverase durante 3 anos, dende maio de 2020 ata maio de 2022. Esta, promove a creación de lazos coa comunidade, cun mesmo e coa atención e investigación de calidade. É unha oportunidade para reivindicar mellores servizos, destacar os beneficios das redes de apoio e promover os autocoidados.

Así, o Concello de Ames súmase iluminando de laranxa a Casa do Concello e convidando á veciñanza a facer o símbolo do corazón cas mans e subir as súas fotos as redes co cancelo #ConexionesEM. Inspirado no símbolo correspondente á palabra “xuntos” na lingua de signos, o corazón da EM é un símbolo de solidariedade con todas as persoas afectadas por esta enfermidade.

A esclerose múltiple (EM)

A esclerose múltiple ( EM) é unha das enfermidades máis comúns do sistema nervioso central (cerebro e medula espinal). A día de hoxe, máis de 2,3 millóns de persoas en todo o mundo padecen EM.

A EM é unha enfermidade desmielinizante inflamatoria. Está provocada por un dano na mielina, un material graxo que illa os nervios. Na EM, a perda de mielina afecta á forma en que os nervios conducen os impulsos eléctricos cara o, e desde o cerebro. Os síntomas poden ser, entre outros, visión borrosa, debilidade nas extremidades, sensación de formigueo, inestabilidade, problemas de memoria e fatiga.

Á maioría das persoas diagnostícaselles EM entre os 20 e os 40 anos. A EM é de dúas a tres veces máis habitual nas mulleres que nos homes. Non hai ningún medicamento que poida curar a EM, pero hai tratamentos que poden modificar o curso da enfermidade.

Campaña "Conexións EM”

Multimedia

  • Campaña "Conexións EM”
  • Campaña "Conexións EM”
  • Campaña "Conexións EM”
  • Campaña "Conexións EM”
  • Campaña "Conexións EM”