Pestanas principais

>Obradoiro virtual con Apego: estimulación temperá, musical e lingüística

Venres, 12 xuño, 2020
Ás 16.30, ás 17.30 ou ás 18.30 horas

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames, programa, a través de Apego, un obradoiro virtual de estimulación temperá, musical e lingüística para o próximo venres 12 de xuño. O obradoiro, impartido por Leticia Falcón, desenvolverase en diferentes horarios segundo a idade das crianzas. Para realizar as inscricións é necesario enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal coa información que se indica posteriormente nesta nova, e o prazo para facelo remata o próximo mércores 10 de xuño.

A sesión do obradoiro será a través da plataforma Jitsi Meet. Polo tanto, compre ter conexión a Internet e a aplicación descargada nun dispositivo electrónico, aínda que non é preciso rexistrarse. As familias recibirán unha crave para acceder á sesión na que estean inscritos, que durará aproximadamente 45 minutos.

O obradoiro desenvolverase o próximo venres 12 de xuño en diferentes horarios:

  • A primeira sesión, ás 16.30 horas, para as familias con bebés de 0 a 1 ano (que aínda non anden) ou que estean agardando un bebé
  • A segunda sesión, ás 17.30 horas, está destinada ás familias con crianzas de 1 a 3 anos que xa camiñan
  • E xa por último ás 18.30 horas, unha sesión destinada ás familias con crianzas de 4 a 6 anos.

Para realizar as inscricións é necesario enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal escribindo a idade das crianzas (indicando se andan ou non), nome e apelidos das persoas que asistirán e un teléfono de contacto. O prazo para facelo está aberto ata o 10 de xuño.