- Tematica
O pasado 5 de xuño tivo lugar unha sesión institucional da Red Innpulso, onde se presentou, reflexionou e debateu sobre o borrador do Manifesto impulsado pola Co-presidencia da Red. Como resultado desta xornada, recolléronse unha serie de comentarios e achegas por parte das cidades que foron incorporadas á Rede, dando lugar ao manifesto “Polo impulso e promoción das políticas públicas de innovación como ferramentas crave para paliar os efectos da Covid-19 nas cidades”.
No Pleno do pasado 28 de maio, aprobouse por unanimidade a adhesión do Concello de Ames á asociación Red Innpulso da Ciencia e a Innovación. Esta, ten como obxectivo recoñecer e impulsar as actuacións que en materia de Ciencia e Innovación realizan as administracións locais, propiciar a colaboración entre concellos pertencentes á Red, mellorar o seu potencial innovador e servir de modelo a outros concellos para contribuír ao cambio do modelo produtivo cara un modelo económico e social sostible, baseado no coñecemento e a innovación.
Nunha sesión institucional que tivo lugar o pasado 5 de xuño, presentouse, reflexionouse e debateuse sobre o borrador dun Manifesto impulsado pola Co-presidencia da Rede. Como resultado da reunión, recolléronse unha serie de comentarios e achegas por parte das cidades que foron incorporadas á Rede, dando lugar ao manifesto “Polo impulso e promoción das políticas públicas de innovación como ferramentas crave para paliar os efectos da Covid-19 nas cidades”.
Necesidade de fomentar a innovación
O manifesto destaca que esta situación de crise provocada pola Covid-19, ademais de facer máis visibles algúns dos principais retos aos que se enfrontaban as cidades do século XXI, puxo de manifesto a necesidade de fomentar a innovación e axilizar o cambio. Ademais de poñerse de relevo a importancia dunha planificación urbana sostible e sólida, que busque respostas na innovación e na colaboración, poñendo o foco na consecución de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible dende o ámbito urbano.
O manifesto tamén expón que as cidades membro da Red Innpulso levan moito tempo traballando activamente para ser municipios innovadores e intelixentes, compartindo unha visión de desenvolvemento dun modelo produtivo sostible dende o punto de vista económico, social e ambiental, baseado no coñecemento e a innovación, como medio para mellorar a calidade de vida tanto en Ames como o de todos os municipios que forman parte da Red.
Así, a Rede reafirma o seu compromiso coa posta en marcha de medidas de futuro encamiñadas a fomentar e impulsar políticas e ferramentas de innovación no ámbito local co fin de poder mellorar o nivel do servizo público da cidadanía e dinamizar o ecosistema local mellorando, desta forma, a eficiencia do noso modelo produtivo e a calidade das persoas.
Políticas locais de ciencia e innovación
Asemade, todos os concellos membros da Red Innpulso reafirman que a única forma na que se pode chegar a dar unha resposta a esta situación que estamos a vivir é contando con asignación de recursos específicos que permitan despregar políticas locais de ciencia e innovación.
E xa para concluír, a Red recalca no manifesto a imperativa necesidade de traballar de maneira conxunta, avanzando para aprobación da asignación dos remanentes a este efecto; o fomento da innovación privada, e en especial, dos proxectos público-privados de innovación; o impulso de apoio específico do Estado; a inclusión de presupostos municipais dunha partida específica de I+D+i; e o establecemento dos medios (non só económicos) internos e externos necesarios para concretar a innovación.