- Tematica
O servizo de Campamentos de Verán 2020 está dirixido á rapazada que este cursando educación primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar a nenas/os e mozas/os das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito de vida saudable ao tempo que se achegan ao medio rural, ao deporte ou á cultura.
A situación xerada pola Covid-19 fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deben de ter en conta medidas de prevención tales como a redución de ratios, aumentar as labores de limpeza e desinfección, determinar os equipos de protección para monitores/as e usuarios/as e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.