Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 14 de xullo de 2020

NOVAS

A Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coas asociacións de empresarios e comerciantes do municipio, retoma a campaña para fomentar o comercio de proximidade denominada Comercio de Ames. Témolo todo! A través de dita iniciativa preténdese que a veciñanza de Ames merque nos ...

Dende a Concellaría de Mocidade lémbrase que está aberto ata este mércores, 15 de xullo, o prazo de inscrición para as tardes multiaventuras que se desenvoverán os xoves 23 e 30 de xullo dentro do programa Trouleando. Nestas xornadas multiaventura faranse actividades de paintball, tirolina, ...

AXENDA

O escritor e profesor Xabier Ron e a xornalista Irene Tomé presentan o xoves 16 de xullo ás 20:30 no pazo da Peregrina o fotopoemario “Os exilios que somos”, un compendio de poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é tamén com ...

A praza da Maía acolle hoxe, ás 22:30 horas, a actuación do Trío de Música Tradicional “Caldo”.  O evento encádrase dentro da programación da concellaría de Cultura e forma parte das actividades organizadas no municipio a través do patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A ...

AVISOS

A unión de consumidores de Galicia (UCGAL) informa que, por mor de dificultades técnicas, durante dúas semanas, as citas previas deberán concertarse a través do correo electrónico fcarames@consumidores.gal.