- Tematica
O ingreso mínimo vital é o tema da charla que o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza para mañá, mércores, 29 de xullo, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Raquel Dopico, avogada e asesora xurídica dos servizos socio comunitarios básicos do Concello de Ames, será a encargada de explicar en que consiste o o ingreso mínimo vital, as contías que corresponden en cada caso, quen ten dereito a solicitalo e onde e como debe facerse. Por mor das normas de seguridade e prevención da COVID19, o aforo é limitado e irá cubríndose a medida que vaia chegando a veciñanza. Prégase estar un pouco antes do comezo da charla.
A avogada e asesora xurídica dos servizos socio comunitarios básicos do Concello de Ames, Raquel Dopico será quen explique á veciñanza interesada en que consiste, quen ten dereito e como se pode tramitar o ingreso mínimo vital. Ademais responderá ás preguntas que lle formulen os asistentes á charla e aclarará as dúbidas que poidan xurdir entre a concorrencia.
O ingreso mínimo vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou están integradas nunha unidade de convivencia e carecen de recursos económicos básicos para cubrir as súas necesidades básicas.
Configúrase como dereito subxectivo a unha prestación económica, que forma parte da acción protectora da Seguridade Social, e garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade económica. Persegue garantir unha mellora real de oportunidades de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias.
Opera como unha rede de protección dirixida a permitir o tránsito desde unha situación de exclusión a unha participación na sociedade. Conterá para iso no seu deseño incentivos ao emprego e á inclusión, articulados a través de distintas fórmulas de cooperación entre administracións.
A charla informativa sobre o ingreso mínimo vital que organiza a Concellaría de Benestar Social para o mércores,29 de xullo, ás 20.30 horas, celebrarase no salón de actos da Casa de Cultura do Milladoiro. Prégase estar un pouco antes do comezo da charla. Hai aforo limitado que se irá cubrindo a medida que vaia chegando a veciñanza.
Novas relacionadas:
Lindeiros: "Charla informativa sobre o ingreso mínimo vital"
Revista AmsGo: "Charla informativa sobre o Ingreso Mínimo Vital o vindeiro mércores, día 29"