- Tematica
A aprobación do proxecto de mellora do camiño da Condomiña á depuradora e outro, a elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames e unha proposta de Ciudadanos en relación co establecemento de medidas de garantía para a seguridade e a convivencia cidadá fronte a ocupación ilegal de vivendas serán os temas que se aborden no pleno ordinario do mes de xuño. A sesión plenaria, que terá lugar o 30 de xullo, realizarase, por primeira vez desde que xurdiron os problemas da COVIV19, de xeito presencial no Salón de Plenos do Concello. Co obxectivo de gardar as medidas de seguridade e hixiene, parte dos concelleiros ocuparán os asentos do público. A sesión retrasmitirase por streaming.
Previamente a dito pleno, o pasado venres desenvolvéronse as comisións informativas nas que se abordou a aprobación do proxecto de mellora do camiño da Condomiña á depuradora e outro. Dito proxecto será sufragado a través do Plan AGADER 2020-2021 da Xunta de Galicia. O proxecto ten un orzamento de 40.976,65 euros, do cal o importe da axuda ascende a 33.865 euros. A achega da Xunta divídese en dúas anualidades (o 50% que son 16.932,50 euros percíbese en 2020 e o 50% restante en 2021). O Concello de Ames pon o importe restante; 7.111,65 euros.
Abordouse tamén nas comisións informativas, a elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames que irá a pleno o día 30 de xullo. O pasado 17 de xuño de 2020 o Concello de Ames recibiu unha comunicación da Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde se lle comunica que está próximo a vencer o período de 4 anos polo que se nomeou xuíz de paz titular do Concello de Ames. Polo tanto, é preciso iniciar un novo expediente para a elección de novo/a xuíz/a de paz titular no prazo de 3 meses e que de non facelo se nomeará directamente polo propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Deste xeito, o Pleno deberá aprobar as bases para a elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames. Aprobadas as bases, procederase á súa exposición pública para a presentación de solicitudes por prazo de 15 días hábiles Examinadas as solicitudes presentadas procederase, por maioría absoluta, á elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames, propoñendo o seu nomeamento ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Por último, tratouse unha proposta de Ciudadanos en relación co establecemento de medidas de garantía para a seguridade e a convivencia cidadá fronte a ocupación ilegal de vivendas. En dita proposta solicitase, entre outras cuestións, elaborar un Plan municipal contra a ocupación ilegal de vivendas; potenciar a coordinación e a cooperación institucional para reforzar a eficacia na loita contra a ocupación ilegal de inmobles; e instar ao Goberno de España e ás Corte Xerais a promover todas as reformas legais que sexan necesarias para defender a propiedade privada e sanitarias que se deben gardar, atenderase á veciñanza con cita previa para evitar esperas e escalonar a afluencia de doadores. Pódese pedir esta cita no teléfono 900 100 828.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "La mejora del camino a la depuradora, en el primer pleno presencial de Ames"
Ao pé da páxina podes descargar a Orde do día