- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana por Bertamiráns. Deste xeito, o sábado 17 de outubro, a ruta comezará ás 09:00 horas na praza do Concello. Esta actividade requiere inscripción previa.
Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, son rutas circulares de dificultade media–baixa, cunha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para participar na andaina é imprescindible estar incristo e presentarse o día 17 na praza do Concello ás 09:00 horas.
A través desta actividade, SaúdeAndo ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades, unha práctica entretida cunha importante repercusión na saúde.