- Tipo
- Tematica
A programación teatral do segundo semestre de 2020 presenta o 23 de decembro a obra EntreSoños. Este espectáculo, da man de Fran Sieira - Compañía de danza, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 20.30 horas. As entradas pódense adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames.
EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega presentada dende unha perspectiva actual. A peza, de 1 hora e 10 minutos, conta cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijóo, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos.
As entradas pódense adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames.
Por mor da Covid-19 o aforo será limitado para poder manter a distancia de seguridade entre os espectadores. Ademais, adoptáranse as medidas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias.