- Tematica
A Consellería de Sanidade vén de acordar a inclusión de toda a localidade do Milladoiro no conxunto de localidades e concellos con medidas de restrición pola Covid-19. A decisión tomouse esta mesma mañá, logo da xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios. Todas estas medidas publicáronse arredor das 21.30 horas no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00:00 horas desta medianoite. Premendo nesta ligazón podes consultar todas as restricións publicadas no DOG que afectan á localidade do Milladoiro.
Esta tarde a Consellería de Sanidade informou de que á vista da situación epidemiolóxica da Covid-19 en Galicia, adoptouse a decisión de incluír toda a localidade do Milladoiro no grupo de concellos e localidades con restricións vixentes pola Covid-19.
Entre as medidas que afectan ao Milladoiro destaca a limitación do aforo ao 50% da súa capacidade no interior dos locais de restauración e hostalaría. Nas terrazas ao aire libre limitarase a súa capacidade ao 75% das mesas permitidas na licenza e sempre que cumpran os demais requisitos establecidos polo Concello de Ames. O consumo dentro do local só poderá realizarse en mesa, non en barra. Ademais, lémbrase que a hora de peche dos locais de restauración e hostalaría non pode ser máis tarde da 1.00 horas, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente dende as 00.00 horas.
Por outra banda, limítase o número máximo de persoas nas xuntanzas/eventos, tanto privadas como na vía pública, que queda fixado nun máximo de 10 persoas, excepto no caso de persoas que conviven xuntas. Tamén se limita o aforo nos establecementos comerciais e servizos profesionais, que non poderán superar o 50% da súa capacidade. As restricións tamén recollen medidas de redución de aforo en celebracións, velorios e lugares de culto.
Todas estas medidas publicáronse arredor das 21.30 horas no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00:00 horas desta medianoite. Premendo nesta ligazón podes consultar todas as restricións publicadas no DOG que afectan á localidade do Milladoiro.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "O Milladoiro se suma a las restricciones de Santiago por un brote de alto riesgo"
La Voz de Galicia: "Las restricciones en O Milladoiro vacían comercios y cafeterías"
El Correo Gallego: "O Milladoiro y Vilagarcía se suman a las zonas con restricciones por covid"
Revista AmesGo: "A Xunta impón restricións sanitarias en todo o Milladoiro"
Lindeiros: "Sanidade aplica restriccións no Milladoiro, Ames"
Compostela 24 horas: "Sanidade impón restriccións en todo O Milladoiro"