Pestanas principais

O Goberno municipal acorda cos comerciantes das rúas Entrerríos e Ameneiral a apertura do tráfico rodado durante a fin de semana

Xoves, 24 de setembro de 2020

Este mércores, 23 de setembro, membros do Goberno municipal mantiveron unha xuntanza con 14 comerciantes das rúas Entrerríos e Ameneiral, situadas na localidade de Bertamiráns, despois de que o pasado 15 de setembro a entidade Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) presentase por Rexistro un escrito preguntando polos cortes de tráfico que se levan realizando dende o pasado mes de maio en ditas rúas para favorecer o tránsito peonil. En dita reunión acordouse a apertura do tráfico rodado nesta rúas.

Esta xuntanza realizouse despois de que a entidade Xuntanza de Empresarios de Ames(XEA) presentase por Rexistro o 15 de setembro e 2020 unha solicitude para proceder a apertura das rúas Entrerríos e Ameneiral, que dende o pasado mes de maio están pechadas ao tráfico rodado os sábado pola tarde e os domingos todo o día. En dita solicitude exponse que os comerciantes non obteñen beneficio algún de dita iniciativa, polo que solicitan a apertura do tráfico rodado durante as fin de semana en ditas rúas.

Unha vez recibida dita solicitude, o día 16 de setembro, dende a Concellaría de Promoción Económica enviouselle unha carta aos 37 comerciantes das rúas Entrerríos e Ameneiral, para convocalos á xuntanza que se realizou este mércores, 23 de setembro, ás 21.00 horas. En dita xuntanza participaron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, e mailo concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández.

Á xuntanza convocada polo Concello de Ames asistiron 14 comerciantes dos 37 convocados. Os comerciantes expuxeron os motivos polos que solicitan a apertura ao tráfico de ditas rúas, mentres que por parte do goberno municipal explicouse as razóns polas que se adoptou a medida de pechar o tráfico rodado en diferentes rúas de Bertamiráns e do Milladoiro dende o pasado mes de maio.

Reactivación do comercio amesán
Na procura de facilitar e reactivar o comercio amesán, o Concello puxo en marcha diferentes actividades nas rúas do concello e habilitou espazos públicos, como foi o caso destas rúas, para fomentar o transito peonil. Despois de escoitar ao asistentes, o Concello acordou a reapertura ao tráfico rodado nestas rúas, que terá efecto dende este mesmo sábado 26 de setembro. A concelleira de Promoción Económica explica que "en ningún momento vamos a poñer trabas ao comercio. Este Goberno a través do diálogo sempre atende as demandas que se lle plantexan".

Desde o Concello informan que non houbo ningún escrito presentado nos meses anteriores e que no momento que entrou por Rexistro unha solicitude sobre este asunto, o pasado día 15 de setembro, actuouse e realizouse dita xuntanza para coñecer de primeira man a problemática presentada. A peonalización destas rúas foi seleccionada polo feito de que as mesmas son rúas que xa viñan sendo cortadas ao tráfico para o desenvolvemento do mercadillo e de aí que se mantivese ao longo destes meses, a pesares da necesidade de reubicar o mercado de rúa nunha nova zona.

Dende o Goberno municipal son conscientes de que o sector comercial está a sufrir as consecuencias derivadas da Covid-19. Por iso se puxo en marcha durante os meses de xullo, agosto e setembro o programa AmesOn, que a través de diferentes actividades (concertos, actividades infantís, cine ao aire libre, etc.), tratouse de dinamizar o sector comercial e apoiar o sector cultural de Ames. Precisamente, na praza do Concello que está situada na contorna das rúas Ameneiral e Entrerríos realizáronse diferentes eventos do porgrama AmesOn como concertos e outro tipo de actividades lúdicas para dinamizar o comercio desta zona de Bertamiráns.

Ademais, dentro do Plan Reactiva Ames recóllense novas actividades, que se darán a coñecer as vindeiras semanas, para dinamizar o comercio de Ames durante o último trimestre de 2020.

Novas relaciondas:

La Voz de Galicia: "Ames anula la peatonalización de fin de semana en dos calles de Bertamiráns tras la solicitud del comercio"

El Correo Gallego  : "Reabren dos calles en Ames tras las críticas de los comerciantes"

Revista Amesgo: "Entrerríos e Ameneiral reabren ao tráfico as fins de semana"

Lindeiros: "Ames descarta finalmente pechar as rúas Entrerríos e Ameneiral"

Rúa Ameneiral.

Multimedia

  • Rúa Ameneiral.