Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 25 de setembro de 2020

NOVAS

A xuntanza telemática da comisión de seguimento do Transporte metropolitano, realizada no día de onte, colleu de sorpresa aos poucos presentes ante o anuncio da sinatura dun novo convenio para os vindeiros catro anos e a premura nos prazos dados por Mobilidade para o seu estudio e aprobación. ...

Este xoves, 24 de setembro, o Concello de Ames celebrou unha nova sesión plenaria, neste caso a ordinaria do mes de setembro. En dito pleno a Corporación municipal deulle aprobación por unanimidade ao proxecto técnico para a mellora do firme do tramo urbano da avenida da Maía, en Bertamirán ...

Coa técnica tradicional italiana do cantastorie, unha mestura a narración de historias, pi ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 28 de setembro, na rúa Cruxa do Milladoiro (no cruce con Rosalía de Castro). O horario será de mañá, de 9.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 16.00 a 21.00 horas ...

AVISOS

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves, 24 de setembro, ampliar ata o día 30 de outubro de 2020 o prazo de xustificación da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2019 por clubs e asociacións deportivas do concello de Ames.