Mércores, 30 setembro, 2020
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre o decreto no que se recolle o plan de adaptación dos servizos complementarios de educación do Concello de Ames ao contexto COVID-19 nos centros educativos CEIP Agro do Muíño, CEP de Ventín, CEIP da Maía, CEIP de Barouta, a EEI de Milladoiro e ás escolas unitarias de Covas e a Igrexa.
Este xoves, 1 de outubro, incorpóranse á Rede municipal de comedores escolares a totalidade de usuarios/as que empregan o servizo municipal de comedores escolares.
Debido a iso o Concello de Ames publica o plan de adaptación dos servizos complementarios de educación do Concello de Ames ao contexto COVID-19.
Dito plan está adaptado e baseado no protocolo de prevención da transmisión da Covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios publicado pola Xunta de Galicia o pasado 23 de setembro de 2020.