Pestanas principais

Listaxe de establecementos hostaleiros de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 17 de novembro)

Martes, 17 de novembro de 2020

Logo do peche decretado para a hostalaría, a consecuencia da nova normativa de loita contra a COVID-19 o Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, vén de poñer en marcha unha iniciativa de apoio ao sector hostalaría de Ames consistente na elaboración dunha listaxe na que aparecerán todos os establecementos hostaleiros que o desexen e que ofrezan durante este período servizo de recollida no local ou para levar. Deste xeito, actualizase a listaxe con 22 establecementos adheridos a dita iniciativa. A este documento iranse engadido aqueles establecementos que así o desexen e envíen os seus datos ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal. Para obter máis información sobre esta iniciativa pódese chamar ao número de teléfono 662 09 99 44. 

O Concello de Ames actualiza a listaxe de establecementos hostaleiros que solicitaron adherirse a listaxe de locais con servizo de recollida no establecemento ou para levar. Na actualidade en dita listaxe figuran 22 establecementos de Ames. Esta listaxe irase actualizando de xeito permanente. Deste xeito, a este documento iranse engadido aqueles establecementos que así o desexen e envíen os seus datos ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Lémbrase que os bares, cafeterías e restaurantes que durante este período especial deben permanecer pechados e que ofrezan servizo de recollida ou entrega a domicilio, poden poñerse en contacto co departamento de Promoción Económica para formar parte desta listaxe que recollerá as ofertas de todos os establecementos do municipio.

Para aparecer nesta listaxe, os interesados/as deberán enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal, indicando o nome, o teléfono, o enderezo e, no caso de tela, a web do establecemento. Para obter máis información sobre esta iniciativa pódese chamar ao número de teléfono 662 09 99 44.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Apoio ao sector hostaleiro de Teo e Ames con directorios"

Listaxe de establecementos hostaleiros de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 17 de novembro)

Multimedia

  • Listaxe de establecementos hostaleiros de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 17 de novembro)