Xoves, 19 novembro, 2020
- Tematica
Dende o departamento de Educación comunícase ás familias usuarias que o cobro dos servizos complementarios de educación responde ao seguinte calendario fiscal do ano 2020.
Escola de Verán: Realizado o cobro por domiciliación o 30 de outubro de 2020.
Lúdicos de Setembro: Realizado o cobro por domiciliación o 20 de outubro de 2020.
Setembro Bos Días Cole, Comedores Escolares, Tardes Divertidas (non afecta á totalidade e usuarios/as): Realizarase o 15 de decembro de 2020.
Outubro Bos Días Cole, Comedores Escolares, Tardes Divertidas: Realizarase o 15 de decembro de 2020.
Novembro Bos Días Cole, Comedores Escolares, Tardes Divertidas: Realizarase o 22 de xaneiro de 2021.
Decembro Bos Días Cole, Comedores Escolares, Tardes Divertidas: Realizarase o 25 de febreiro de 2021.