- Tematica
675 veciños e veciñas de Ames, dos 959 que responderon á enquisa cidadá sobre a COVID19 publicada na páxina web municipal, amosaron un alto grao de preocupación fronte a pandemia e unha maior inseguridade no transporte público. O 83% dos enquistados considera axeitado o toque de queda nocturno e o 70% cre que son correctas as medidas adoptadas para o novo estado de alerta. Ademais, 627 persoas estarían dispostas a vacinarse fronte ás 332 que din que non o farían. No canto das restricións aplicadas a bares e cafeterías, as cifras están máis igualadas: 507 persoas consideran que son correctas e 452 pensan que non o son. A enquisa interpelaba á veciñanza sobre posturas e opinións relacionadas coa COVID19 e pedíalle valoración sobre algúns dos políticos implicados na xestión da pandemia. A idade media dos participantes foi de 40 anos, mentres que o rango de idade dos participantes foi de 14 a 81 anos.
Á enquisa proposta polo Concello de Ames para avaliar a postura dos veciños e veciñas de Ames fronte a COVID19 responderon 959 persoas. Formuláronse doce preguntas. A primeira pretendía definir o grao de preocupación da veciñanza de Ames fronte a COVID19; as respostas deron como resultado que 675 persoas manifestan un alto grao de preocupación, 254 un grao medio e 30 baixo. A segunda pregunta interpelaba á poboación sobre a franxa de idade na que crían que eran maiores os cumprimentos das restricións; 604 persoas responderon que crían que os que máis incumprían estas restricións eran as persoas de entre 18 e 29 anos, 195 dixeron que as persoas entre 30 e 54 anos, 100 pensan que son os menores de 18 os que menos cumpren as normas e 60 que son os maiores de 55 anos os que máis incumpren a normativa.
A terceira pregunta tratou sobre a franxa de idade de maior o risco de contaxio. Así, 498 persoas dixeron que a franxa de maior risco de contaxio é a de máis de 55 anos. Outros 244 enquisados/as dixeron que é a franxa de 18 a 29 anos; 162 persoas decantáronse pola franxa de 18 a 29 anos; e 55 persoas pola franxa de idade de menos de 18 anos. A cuarta e quinta pregunta referíase a realización das probas PCR e o resultado de ditas probas. Deste xeito, 340 persoas, o 35,50% dos enquistados declararon ter feita a proba, mentres que 619 persoas dixeron non ter feito a proba (64,50%). Sobre o resultado das probas PCR, 30 persoas marcaron a opción de que deron positivo nalgunha ocasión e 929 persoas dixeron dar negativo.
O transporte público o lugar onde os amesáns se senten máis inseguros
Preguntouse tamén sobre os lugares onde as persoas se sentían máis inseguras. Estableceuse un gradiente de inseguridade de 0 a 6 e definíronse sete espazos: transporte público, bares, actividades, cines, tendas, parques e comidas familiares ou con amizades. O transporte publico foi lugar no que a veciñanza amesá manifestou sentirse máis insegura: 715 persoas amosaron un grao 4, 5 e 6 de inseguridade, fronte as 117 persoas que responderon que non sentían ningunha inseguridade no transporte público. As comidas familiares ou con amizades son para as persoas que realizaron a enquisa o segundo lugar máis inseguro, con 532 persoas respondendo aos graos máis altos de inseguridade e 69 ao grao 0 (seguridade máxima).
Nos bares, a flutuación de graos resultou máis igualada: 88, 89, 129, 180, 174, 144 e 155 (de 0 a 6 en orden ascendente de inseguridade), resultados cos que estes establecementos hostaleiros situasen no posto terceiro dos lugares onde a veciñanza séntese menos segura. Os cines ocuparían o cuarto lugar con 140 persoas que manifestan sentir o grao máximo de inseguridade. Seguindo a mesma pauta, nos parques amosan inseguridade en grao 4, 5 e 6, u total de 303 persoas, fronte as 453 que manifestan un grado medio ou baixo de inseguridade, manifestando seguridade total nestes espazos públicos 203 persoas. Os espazos nos que a cidadanía manifesta sentirse menos insegura son as actividades, nas que só 101 persoas manifestan o grado de preocupación máximo e as tendas con 61 persoas que marcaron a puntuación máxima de inseguridade.
O 83% dos enquistados están de acordo co toque de queda
Preguntábase tamén a opinión sobre a suspensión ou aprazamento das actividades municipais ao que 722 persoas responderon que si e 237 que non. No canto das restricións a bares e cafeterías, 507, o 52% das persoas responderon que si e 452, o 48% que non. Con respecto ao peche dos parques infantís, 571 persoas responderon que si e 388 que non. O 83%, 799 persoas están de acordo co toque de queda e as restricións do horario nocturno e o 13%, 160 persoas, non o están. As novas medidas adoptadas para a nova declaración do estado de alerta parécenlle axeitadas a 673 persoas, o 70 % dos enquistados.
O 73% cre que non se debe facer a Cabalgata de Reis
Preguntábase tamén á veciñanza sobre a realización da Cabalgata de Reis; o 73% das persoas que responderon á enquisa consideran que non se debe facer este evento (253 persoas votaron si e 706 votaron non).
A penúltima pregunta pedía a cidadanía que definise até cando crían que podería durar a COVID19 e a situación de contaxios; 10 persoas responderon co optimismo de que o problema remataría a finais deste mesmo ano, 64 que en marzo do 2021, 244 que no verán do próximo ano 2021; 396 dixeron que crían que duraría máis dun ano; e 245 que se alongaría até o ano 2022 ou máis. A última pregunta interpelaban sobre a intención de vacinarse ou non cando se aprobase a vacina en España. Un total de 627 persoas, o 65,40%, manifestou que si tiña intención de vacinarse, mentres que 332 responderon que non (34,60%).
Valoracións políticas
Finalmente, na valoración sobre a xestión da pandemia por parte dos Gobernos do Estado, Autonómico e local o resultado varía entre elas. Así, no caso do Concello de Ames 431 persoas amosan unha valoración regular (45%); 306 persoas cren que se realizou un xestión boa e moi boa (32%) e 222 usuarios/as votaron por unha xestión mala ou moi mala (23%). Deste xeito, amósase que o Concello adoptou decisións regulares, boas e moi boas para o 77% dos enquisados/as (tres de cada catro persoas que participaron na enquisa).
No caso da Xunta de Galicia 392 persoas votaron por unha xestión regular (41%), 202 por unha xestión boa e moi boa (21%), e 365 por unha xestión mala ou moi mala (38%). Neste caso amósase que para o 62% dos participantes na enquisa a Xunta adoptou adoptou decisións regulares, boas e moi boas, mentres que para o 38% restante foron malas ou moi malas.
Por último, no caso do Goberno do Estado 324 persoas votaron por unha xestión regular (34%), 203 por unha xestión boa e moi boa (21%), e 432 por unha xestión mala ou moi mala (45%). Neste caso amósase que para o 55% dos participantes o Goberno do Estado adoptou decisións regulares, boas e moi boas, mentres que para o 45% restante foron malas ou moi malas.
A enquisa pedía tamén valoración sobre a xestión realizada polo presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez; o ministro de Sanidade, Salvador Illa; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; e o concelleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. A valoración Preto dos catro políticos diferiu moi pouco entre uns e outros, acadando Salvador Illa 4.54 puntos, Alberto Núñez Feijóo 4.33, Pedro Sánchez, 4.17 e Julio García Comesaña, 4.01.Ç
Novas relacionadas:
Compostela 24 horas: "Preto dun millar de persoas participan na enquisa sobre a COVID19 posta en marcha desde o Concello de Ames"