- Tematica
Alba Santos, veciña do Milladoiro e deportista do Club Súlyos de Compostela , logrou tres medallas de ouro no campionato de España de halterofilia que se disputou na cidade da Coruña no pasado mes de novembro. Alba Santos, que competiu por primeira vez no campionato nacional absoluto, acadou a medalla de ouro en arrancada, levantando 46 quilos, 65 quilos en dous tempos e 111 quilos no total olímpico.
Alba Itziar Santos, veciña do Milladoiro, competiu na categoría de 45 quilos no campionato de España, que se celebrou na Coruña o pasado mes de novembro. A deportista do Club Súlyos de Compostela acadou un triplo ouro en dita competición. Acadou a primeira posición en arrancada, levantando 46 quilos, 65 quilos en dous tempos e 111 quilos no total olímpico.
Para a deportista amesá, esta era a súa terceira participación nunha competición oficial e a primeira vez que competiu por primeira vez no campionato nacional absoluto. Especializada no crosffit, comezou a practicar halterofilia este mesmo ano e, en marzo, inscribiuse ao seu primeiro campionato nesta disciplina. Nel conseguiu os 111 puntos necesarios que a levarían a clasificarse para o campionato galego celebrado no pasado mes de maio.
Debido as súas boas marcas, foi seleccionada, con dous meses de antelación, para competir no campionato nacional disputado na Coruña, ao que acudiu segundo explica a propia deportista “lesionada dun ombro e moi nerviosa”. Aínda así, a amesá obtivo tres medalla de ouro. Xunto coas galegas Irene Martínez, Irene Blanco e Eva Fernández, Alba Santos conseguiu que Galicia gañase catro das dez categorías femininas disputadas. Tan só superou estas marcas Cataluña.
Alba Santos segue coa esperanza de que haxa competicións nas dúas disciplinas e, a pesar de ser o seu primeiro ano federada na halterofilia, asegura que vai continuar preparándose neste deporte.
Novas relacionadas:
Revista AmesGo: "Triple ouro en halterofilia para Alba Santos"