- Tematica
Este sábado, 5 de decembro, conmemorase o Día internacional do voluntariado. Dende o ano 2002 o Concello de Ames conta cunha oficina municipal de voluntariado que desenvolve ao longo do ano programas de acción social, de atención socioeducativa, así como outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios. Durante estes 16 anos, máis de 350 voluntarios/as colaboraron con este departamento municipal. Na actualidade, 42 voluntarios/as colaboran activamente coa Oficina municipal de voluntariado nas diferentes accións voluntarias desenvolvidas. A pesar de que este ano, por mor da Covid-19, a programación tivo que cancelarse, a OVA mantén activas campañas de recollidas de alimentos, roupa e enseres.
Como cada 5 de decembro, hoxe celébrase o Día Internacional do Voluntariado, no que as persoas voluntarias reciben o recoñecemento pola súa importante actividade no eido social a prol dos máis desfavorecidos. E son moitos os motivos polos que os veciños de Ames teñen moito que agradecer aos voluntarios e a OVA pola súa labor social en prol dos veciños/as con dificultades, ben sexan persoas maiores con deficiencias psíquicas ou físicas, mozos en perigo de exclusión social, estranxeiros con necesidades de aprender idiomas, etc.
O Concello de Ames conta dende o ano 2002 o Concello de Ames conta cunha oficina municipal de voluntariado que desenvolve ao longo do ano programas de acción social, de atención socioeducativa, así como outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios. Durante estes 16 anos, máis de 350 voluntarios/as colaboraron con este departamento municipal.
Na actualidade, 42 voluntarios/as están inscritos na Oficina municipal de voluntariado que leva a cabo diferentes accións. Este ano, por mor da crise da Covid-19, as actividades programadas que se realizan como outros anos anteriores, tiveron que ser suspendidas. Non obstante, a OVA continúa co Banco de Alimentos e campañas de recollida de roupa. Ademais, cabe destacar que, en cada campaña concreta colaboran novos veciños e veciñas sen estar inscritos na oficina de voluntariado. Polo tanto, nalgúns casos chégase até 60 persoas voluntarias. Dentro do abano de perfís de voluntarios/as, destacan as persoas xubiladas e/ou prexubiladas, así como as mulleres de mediana idade. Todas as actividades están dirixidas e supervisadas polo coordinador da OVA.
O traballo da OVA articúlase arredor de tres eixos principalmente: programas de acción social; de atención socioeducativa; e outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios. Deste xeito, dentro do apartado de programas de acción social, desenvólvense actividades de acompañamento a persoas maiores e/ou persoas con discapacidade, de apoio e acompañamento no transporte adaptado municipal, e de acompañamento puntual en centros sanitarios.
Foi o caso do programa de actividades acuáticas Sanauga. Esta iniciativa, cofinanciada pola Deputación da Coruña, estaba dirixida a persoas maiores e persoas con discapacidade coa finalidade de mellorar a mobilidade e o benestar físico. Así, o curso estaba encamiñado a mitigar enfermidades como a artrite e as dores derivadas de diversas doenzas musculares e óseas a través da ximnasia acuática.
Por outra banda, desenvólvense programas de atención socioeducativa no que se encadran as actividades de apoio escolar a menores con diferentes problemáticas sociais.
Recollidas de alimentos, material escolar, equipos informáticos e enseres para bebés
A Oficina de voluntariado de Ames é consciente das dificultades económicas polas que pasan moitas familias de Ames. Este ano, por mor da crise provocada pola pandemia mundial da Covid-19, a situación empeorou nalgúns dos veciños e veciñas do concello. Por este motivo, a OVA organizou durante o ano diferentes campañas de recollida de alimentos e obxectos de primeira necesidade.
“Que ninguén quede atrás” foi unha das campañas que se puxeron en marcha no verán. Con ela preténdense que, todo aquel que teña horta, leira ou árbores de froita, e teña excedentes de produción, se estima oportuno, lle doe o excedente ao Banco Municipal de Alimentos, para que sexan incluídos nas cestas de produtos frescos que se reparten entre as familias máis vulnerables.
Ademais, a campaña solidaria de recollida de alimentos do pasado mes de xuño organizada pola XEA, en colaboración co departamento de Voluntariado, foi un éxito. O obxectivo principal era recoller produtos infantís como cueiros. Dito obxectivo foi alcanzado con creces tendo en conta que se entregaron aproximadamente 40 paquetes. Ademais, tamén se conseguiron arredor de 110 quilos de alimentos non perecedoiros, quedando de manifesto a solidariedade amesá nestes tempos difíciles.
Ao comezo do curso escolar, a OVA convocou á veciñanza e ao persoal municipal e político do Concello, para tratar de resolver as necesidades dalgunhas familias con menores de Ames para doar material escolar.
“Ponlle fin á fenda dixital” foi outra das campañas que lanzou o departamento para para tratar de conseguir equipos informáticos en desuso para os/as nenos/as de familias vulnerables doados pola veciñanza.
Outro das iniciativas máis destacadas da Oficina de Voluntariado de Ames é o roupeiro municipal, un servizo que se encarga de recoller toda aquela roupa ou enseres en bo estado pero en desuso da veciñanza, que en lugar de gardala ou tirala ao lixo prefiren que sexan outras persoas que a necesiten as que a reciban gratuitamente. Así, a veciñanza pode entregar nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro toda aquela roupa que non usa e está en bo estado.
Campañas activas na actualidade
Na actualidade, está en marcha unha campaña de recollida de alimentos propios da época de Nadal. As persoas que queiran participar poden doar os seus produtos na Casa do Concello e nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, e no pavillón municipal de Bertamiráns, en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas. Os alimentos recolleranse ata o 14 de decembro.
Ademais, por quinto ano consecutivo, o Concello puxo en marcha a campaña solidaria ”Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno, nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada, os Trasnos, escribe pedindo un regalo concreto. Os veciños e as veciñas de Ames que se apunten como “zocos” actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese agasallo aos “puntos Trasnos” que este ano situaranse nas Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro.
Calquera pode converterse en trasno. A única condición é comprometerse co proxecto. Para rexistrarse como trasno pódese chamar aos teléfonos 662 377 044 (Oficina de Voluntariado de Ames) ou no 683 327 378 (departamento de Educación familiar), a través dun correo electrónico a voluntariado@concellodeames.gal ou de maneira presencial na Oficina de Voluntariado de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "El voluntariado de Ames lleva a cabo campañas solidarias"
Compostela 24 horas: "O voluntariado de Ames ten en marcha distintas campañas"