Pestanas principais

A capela da Madalena iluminarase o 26 de decembro como conta atrás para o Xacobeo 2021

Sábado, 26 de decembro de 2020

A capela da Madalena, monumento no Milladoiro polo que transcorre o Camiño Portugués, forma parte da nova iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia “Acende o Xacobeo”. Con este proxecto, iluminaranse 91 monumentos do territorio nacional representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago. Por isto motivo, do 26 ao 28 de decembro, a capela da Madalena, mostrarase de cor azul, co logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela.

A Axencia do Turismo de Galicia  de Galicia presentou a nova iniciativa ”Acende o Xacobeo” coa que se están iluminando os monumentos principais polos que pasan os diferentes Camiños de Santiago. A capela da Madalena, no Milladoiro, poña que transcorre o Camiño Portugués, é un dos 91 edificios seleccionados en todo o territorio nacional para participar na conta atrás do Ano Santo Xacobeo 2021. 

Os días 26, 27 e 28 de decembro, este monumento, do que se considera que podería ter orixes medievais aínda que a referencia máis antiga que se conseguiu recuperar data do ano 1539, lucirá de cor azul, co logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela.

No resto dos concellos galegos, os 40 monumentos representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago restantes, están sendo iluminados en tres fases. Os primeiros, do 22 ao 25 de decembro, a segunda fase do 26 ao 28 e, por último, do 29 ao 31 de decembro. Este acendido será de forma secuencial a través das distintas etapas das rutas xacobeas ata chegar á catedral de Santiago evocando o percorrido que realizan os peregrinos. Ademais, na Torre do Reloxo da Catedral, coñecida como A Berenguela, proxectarase durante o período un vídeo de animación que tamén recreará a peregrinación a Compostela.

Para difundir este evento, foi elaborado un vídeo onde se poden visionar os 41 monumentos representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago que transcorren pola comunidade galega.

Acende o Xacobeo en 10 comunidades

Á iniciativa sumáronse 10 comunidades autónomas –Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia e Navarra- iluminando outros 50 monumentos, moitos deles vinculados ao Camiño de Santiago. Castela e León seguirá a mesma secuencia por fases que a comunidade galega e no resto de autonomías o acendido realizarase o 31 de decembro. No caso de Madrid, as iluminacións na glorieta de Atocha e no distrito de Fuencarral co logo do Xacobeo 2021 en gran formato estarán presentes durante todo o Nadal.

O concelleiro de turismo, Manuel Lens, que colabora coa Axencia de Turismo de Galicia nesta iniciativa, considera que “esta é unha excelente oportunidade de proxectar o Concello de Ames no exterior a través dun evento tan consolidado coma a celebración dun novo Ano Santo Xacobeo 2020-2021, e o posicionamento do noso territorio onde confinan ata tres camiños de peregrinación, os xa sobradamente recoñecidos, o Camiño Portugués e o de Fisterra-Muxía, e o Camiño pola Ria de Muros-Noia, que o pasado día 15 de decembro obtivo o recoñecemento por parte do cabildo representante da Catedral de Santiago”.

Concurso “Acende o Xacobeo” 

Dende o Concello de Ames, anímase a toda a veciñanza a participar no concurso “Acende o Xacobeo”, cuxo prazo de inscrición está aberto dende o pasado 22 de decembro até o vindeiro día 2 de xaneiro de 2021 ás 00.01 horas.

Para participar, deberase  subir ás redes sociais un selfie persoal ou colectivo diante dun dos edificios que estes días se iluminarán no Camiño de Santiago etiquetado cos hashtags #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo.

Elixiranse tres gañadores que serán premiados cun xantar ou cea para dúas persoas en restaurante cunha ou dúas estrelas Michelín de Galicia, venres ou sábado e con aloxamento e almorzo nun hotel de catro estrelas para dúas persoas noites, de venres e sábado. Pódense ver as bases do concurso premendo nesta ligazón.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego:  "Iluminan en Ames a Capela da Madalena polo Xacobeo"

Capela da Madalena

Multimedia

  • Concurso Acende o Xacobeo.
  • Embedded thumbnail for