Pestanas principais

Un Bando da alcaldía informa sobre as medidas que rexerán na Hostalería e Restauración en Noitevella e Ano Novo

Mércores, 30 de decembro de 2020

O día 31 de decembro, a clientela dos establecementos de hostalaría e restauración deberán abandonar os establecementos antes das 23:00 horas. O día 1 do 2021, estes establecementos non poderán abrir antes das 11, norma que rexe tamén para os postos ambulantes de comida e bebida. Estará permitida a entrega de pedidos a domicilio pero non a recollida de bebida ou comida no posto ambulante. Esta normativa recóllese nun Bando que vén de publicar a Alcaldía de Ames.

Logo de ver a Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID19 na Comunidade Autónoma de Galicia da Consellería de Sanidade de Galicia, que dispón no seu punto sexto, o alcalde de Ames, José Miñones, informa que:

O día 31 de decembro de 2020, a clientela dos establecementos de hostalaría e restauración deberán abandonar os citados establecementos antes das 23.00 horas.

O día 1 de xaneiro de 2021 os establecementos de hostalaría e restauración non poderán abrir antes das 11.00 horas, incluíndo tamén neste eido aqueles postos ambulantes que sirvan comida ou bebida.

Si estará permitida a entrega de pedidos a domicilio, pero non de recollida de bebida ou comida no local ou posto ambulante.

No seguinte enlace podedes consultar este Bando.

 
Concello de Ames