Pestanas principais

Últimos días para participar no concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso”

Luns, 04 de xaneiro de 2021

Dende o departamento de Promoción Económica, anímase á veciñanza de Ames a presentarse a segunda edición da campaña” Ilumina o teu sorriso”, cuxo obxectivo é promocionar o concello local. Sortearase un teléfono móbil de última xeración e un circuíto de Spa doados por Centro Dental Macía. Para participar, o prazo de inscrición está aberto até o xoves 7 de xaneiro, haberá que facer dúas fotos nas que apareza a iluminación de Nadal de dous destes catro lugares: das prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, e das prazas de Manuel Murguía e da Madalena, no Milladoiro. Consulta aquí as bases do concurso.

O departamento de Promoción Económica xunto coas tres asociacións de comerciantes e empresarios do municipio, o Centro Dental Macía e o estudo de fotografía Pixelin Photo, pon, en marcha por segundo ano consecutivo, a campaña “Ilumina o teu sorriso”.

Para participar no concurso fotográfico débese facer dúas fotos nas que apareza a iluminación de Nadal de dous destes catro lugares do concello: o photocall da praza do Concello, o motivo luminoso co número 2021 da praza da Maía; a árbore luminosa que está na praza de Manuel Murguía e a bola xigante situada na praza da Madalena, no Milladoiro. Poderanse sacar dúas fotos no Milladoiro, dúas fotos en Bertamiráns ou unha foto en cada localidade. Nas fotos poderán saír as persoas participantes no concurso xunto aos elementos decorativos de Nadal ou tan só poden saír fotografados os elemento decorativos

As imaxes deberán enviarse, xunto co seu número de teléfono e os seus datos persoais, á dirección de correo electrónico amesnarua@gmail.com. O/as participantes entrarán no sorteo dun teléfono móbil de última xeración e nun circuíto de spa doados polo Centro Dental Macía. Neste certame poden participar persoas maiores de 18 anos e as fotografías teñen que ser inéditas. Consulta aquí as bases do concurso.

O prazo para participar no concurso estará aberto até o xoves 7 de xaneiro. Unha vez rematado o concurso farase unha selección das fotos máis orixinais que serán expostas nun local municipal. As persoas participantes prestan o seu consentimento para que as composicións enviadas sexan expostas no Instagram e Facebook @amesnarua baixo o hashtag #iluminaoteusorriso20 e #amesnarua.

É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos do autor: nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto (preferiblemente móbil), e o texto autorizando aos organizadores á difusión das fotografías enviadas segundo as bases do sorteo.

Cartel Ilumina o teu sorriso

Multimedia

  • Cartel Ilumina o teu sorriso