Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación das obras das rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns

Xoves, 08 de abril de 2021

A Xunta de Goberno Local, na súa reunión do xoves, 25 de marzo de 2021, vén de aprobar o contrato de obras de Rúa Fragua e Xunqueira, POS 2020, autorizando o gasto por importe de 73.633,29 euros. As obras executaranse sobre unha superficie de 1975 metros cadrados e inclúen a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop.

A aprobación do expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado abreviado, tramitación ordinaria, factor prezo, do contrato de obras de Rúa Fragua e Xunqueira, POS 2020, autoriza o gasto por importe de 73.633,29 euros con cargo a aplicación orzamentaria 153.61900 do orzamento municipal 2020 prorrogado. O estudo técnico das obras foi elaborado polo Estudio Técnico Gallego S.A.

Nas rúas Fragua e Xunqueira está prevista a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente tipo AC16 B50/70 sobre unha superficie de 1975 m2, -dos que 530 m2 atópanse no inicio da actuación e 1.445 m2 atópanse no final- e en dous treitos intermedios de 435 m de lonxitude de 6 m de ancho medio e 55 m de lonxitude e 5 m de ancho medio.

O proxecto contempla que na superficie de 1975 m2, previo ó estendido da capa de rodaxe, levarase a cabo o fresado do pavimento existente, mentres que para os tramos intermedios de 435 m e 55 m de lonxitude, levarase a cabo a reparación de fochancas e o perfilado de mordentes ao 15% da superficie no treito de 453 metros e ao 10% da superficie no treito de 55 m con 10 cm de grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Completan as obras a execución de 60 m de cuneta de seguridade, previa limpeza e recuperación da súa sección, e a sinalización horizontal e a vertical coa colocación de 4 sinais de stop.

Estas obras saen a contratación logo da declaración de necesidade efectuada pola Concellería delegada de Obras e Servizos Básicos.

Para o concelleiro de Obras e Servizos, Blas García, esta é "unha actuación importante que mellorará notablemente unha das zonas máis transitadas de Bertamiráns, que ademais forma parte dunha programación de actuacións que van enlazadas entre si, como son a apertura do vial da Travesía da Agra que desemboca na rúa Fontaldeiro, así como futuro arranxo do acceso de Cantalarrana ao límite co concello de Brión".

O concelleiro engade que "cando esta serie de obras rematen a zona que conforma Cantalarrana e o entorno das rúas Fragua e Xunqueira cambiará de maneira importante, e mellorará o acceso tanto de vehículos como de persoas ao crear unha nova mazá".

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Asignan 73.633 euros a mejorar dos céntricas vías de Bertamiráns"

Revista Ames Go: "Próximas obras nas rúas Fragua e Xunqueira"

El Correo Gallego: "Puesta a punto de la calzada y cunetas en dos de las rúas más usadas en Bertamiráns: Fragua y Xunqueira"

Rúas Fragua e Xunqueiras

Multimedia

  • Rúas Fragua e Xunqueiras
  • Rúas Fragua e Xunqueiras
  • Rúas Fragua e Xunqueiras