- Tematica
10 faladoiros, unha exposición e proxeccións permanentes, cursos, obradoiros e xogos. A I Feira da Saúde e o Ben-Estar que se celebra esta fin de semana no Pazo da Peregrina de Bertamiráns supón un recoñecemento para as asociacións vinculadas a temas médicos e de saúde que decotío traballan coa concellaría de Sanidade e Benestar do concello de Ames. Será ademais un escaparate que recolla o espírito e moitas das actividades de promoción da saúde que durante todo ano mantén activas o departamento a través do programa Ames Saudable. A Feira desenvolverase ao longo da mañá e da tarde do sábado, 10, e na mañá do domingo 11 de abril. Podes consultar aquí os horarios e o programa de actividades e faladoiros.
17 Asociacións participan na I Feira da Saúde e o Ben-Estar. As súas siglas espállanse na xeira de actividades, obradoiros e faladoiros que recolle o programa.
Relatorios
AGADEA será a primeira en subir á palestra cunha charla, “Alzheimer e outras demencias” que ofrecerá a psicóloga da Asociación, Alba Felpete. Ás 12:15 será Inés Fernández Córdoba, médica de atencion Primaria e integrante quen fale sobre O dereito a saúde e os determinantes sociais dda saúde”. Ás 13:00, María Olivares, traballadora Social de ALCER E Alfredo Saborido, coordinador e traballador social da Asociación ofrecerán un relatorio que leva por título “A doazón de órganos, unha decisión de vida”.
Os faladoiros da tarde comezan ás 17:00 con Marta Sanmartín, nutricionista de ANEDIA que axudará a entender o etiquetado dos produtos coa charla “Compra Con-Ciencia. Descifrando as etiquetas nutricionais”. Ás 17:45, a delegada de AEPNA en Pontevedra, Cristina Porta ofrecerá un relatorio titulado “Convivir con alerxias alimentarias e ao latex”. Teresa González, presidenta de ACEM ofrecerá información ás 18:00 horas sobre os “Servizos sanitarios de ACEM para persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson. Ás 19,15 será a quenda para ALCOHÓLICOS ANÓNIMOS cunha charla na que o doutor J M Crespo, médico de familia, falará a asociación e de como esta axuda ás persoas alcohólicas e aos seus familiares.
O domingo, 11 de abril, os faladoiros comezan ás 11:15 da mañá con Julia Lodeiro, neurpsicólofa de Sarela que titula a súa intervención como “Que sabes do dano cerebral”. Ás 12:00 a presidenta de QUERENDO Cristina Fernández intervirá con “Que sabes do dano cerebral?”. “Alimentación e cancro, actualidade, recomendacións e mitos” é o título da charla de Fátima Bieto Pombo, nutricionista de ASANOG.
Actividades permanentes
Durante os dous días que dura a Feira, os/as visitantes poderán participar “Pesca o teu menú” e “Un prato con moito tino”, xogos a través dos que se adquiren nocións de alimentación saudable. A exposición “Os Bolechas saben o que é a diabete” que trae á Feira ANEDIA poderase visitar tamén en calquera momento na sala do primeiro andar do Pazo da Peregrina. Ademais para concluír coas actividades permanentes da Feira está previsto que na carpa de FEGADACE se poidan visibilizar de xeito continúo varios documentais sobre o dano cerebral.
Ademais, o sábado, 10 de abril AEPNAA abre o abano de actividades co “Xogo dos manteis”, unha actividade que terá lugar entre as 11:00 e as 14:00 que tamén aborda o tema da alimentación saudable. Entre as 12:00 e as 14:00, MÉDICOS DEL MUNDO achega á Feira o “Xogo da oca do dereito á saúde e dos dereitos humanos”.
O domingo, 11 de abril, as actividades comezan tamén co “Xogo dos manteis” de AEPNAA que terá lugar ás 11 da maña. Desde a mesma hora, e até ás 13:30, calquera persoa que o desexe poderá aprender a practicar macha Nórdica. O mesmo monitor que guía as andainas semanais propostas a través do programa Ames Saúdable, ensinará esta disciplina deportiva en grupos reducidos.
Actividades que precisan inscrición previa
Entre as 12:00 e as 13:00 do sábado, 10 de abril, AECC propón “Ponte en marcha”, unha actividade para a que é necesario apuntarse previamente. Tamén é preciso apuntarse con anterioridade para participar na “Andaina polo Rego dos Pasos” que guiará a técnica de Medio Ambiente Patricia Reboreda, na actividade de xerontoximnasia que trae á Feira AGADEA e que se desenvolverá o sábado entre as 18:30 e ás 19:15. Tamén hai que inscribirse para participar na actividade de ioga terapéutico que se desenvolverá domingo entre as 12:00 e as 12:30 horas. As persoas que desexen inscribirse nestas actividades deben enviar un correo electrónico a promociondasaude@concellodeames.gal, especificando a cal delas queren apuntarse.
A concelleira de Sanidade e Benestar, Luísa Feijóo convida aos veciños e veciñas de Ames a “Mañá da comezo a I Feira da Saúde e Ben-Estar do noso Concello, unha feira que nace con vocación de continuidade, de ser un punto de encontro para as asociacións, unha canle de información e sensibilización sobre determinadas doenzas, e un paso máis para seguir traballando no fomento de hábitos saudables”, manifesta a concelleira Luísa Feijóo. Feijóo convida á veciñanza a participar da Feira: “Esta é unha feira para aprender disfrutando e convidamos a todos os veciños e as veciñas a que se acheguen e participar, tanto dos faladoiros como das actividades previstas”. A concelleira agradece ademais a participación tanto das asociacións como dos establecementos que se sumaron á semana saúde ofrecendo información e realizando consultas e revisións. Ao pé desta nova podes consultar o programa de faladoiros e actividades da I Feira da Saúde e o Ben-Estar.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Charlas, cursos, talleres y juegos, en la Feira da Saúde de Ames"
La Voz de Galicia: "La Feira da Saúde de Ames hizo 5 nuevos donantes de órganos"