Pestanas principais

Resultado do sorteo de adxudicación de prazas para os campamentos municipais de verán 2021

Mércores, 19 maio, 2021
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Mocidade, informa sobre o resultado do sorteo de adxudicación de prazas para os campamentos municipais de verán 2021 (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e campamentos urbanos).

O prazo de matrícula está aberto do 19 de maio ata o 4 de xuño.
Documentación a presentar:
• Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
• Copia da tarxeta sanitaria.
• Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

Presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na sede electrónica do concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Excepcionalmente, e con cita previa, poderá entregarse nos rexistros do concello en horario de 9h a 14h, sempre con CITA PREVIA (Teléfono: 881 074 710 / 881 074 711).

Pagamento (autoliquidacións)
O pagamento poderá fraccionarse en dous prazos (50% do custe cada un) segundo o sinalado no impreso de preinscrición. Os impresos para facer efectivo o pagamento, (autoliquidación), enviaránselle ao correo electrónico facilitado na preinscrición a tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o abono.

Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial en:
•Oficina de Recadación de Milladoiro (Rúa Viorneira, número 6).
•Oficina de Recadación de Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, número 6). Tamén en horario de tarde os luns e mércores (de 16:15 a 18:30 horas).
•A través do correo electrónico ames@canaltributos.com

En caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderá descargala autoliquidación a través do enlace Oficina Virtual Tributaria que figura na web municipal (www.concellodeames.gal) ou a través da banca electrónica de ABANCA. De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.

Multimedia