Pestanas principais

Ames estivo representado en Fitur co Camiño da Ría de Muros-Noia

Venres, 21 de maio de 2021

O concelleiro de Turismo, Manuel Lens, acudiu, o pasado 19 de maio, á Feira Internacional de Turismo para presentar o Camiño de Santiago da Ría Muros-Noia, ruta que pasa polo Concello de Ames. No evento, o edil estivo acompañado polo experto en turismo Fernando Valmaseda, o concelleiro de Turismo de Santiago, Gumersindo Guinarte, la alcaldesa de Muros, Ines Monteagudo, o vicepresidente da Diputación, Xosé Regueira, e delegado de la Xunta en la provincia de A Coruña, Gonzalo Trenor.

Dende o pasado mércores 19 de maio, ata este domingo 23, estase a celebrar a Feira Internacional de Turismo. Na primeira xornada, presentáronse oficialmente as dúas rutas de peregrinación: o Camiño da Ría de Muros-Noia e A Orixe, que vai desde Corrubedo ata Santiago.

Pódese ver o vídeo promocional do Camiño pola Ría de Muros-Noia premendo nesta ligazón.

Os Concellos que integran a Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros-Noia, entre os que se atopa Ames, traballan na elaboración dun Plan Estratéxico para o período 2021-2022 co obxecto de planificar os pasos que se deben dar tanto no ámbito institucional e administrativo como no social, económico e turístico.

O primeiro en subir ao escenario foi Manuel Lens, edil de Turismo de Ames, quen subraiou o feito de que o trazado conxuga a Galicia costeira e de interior.

O camiño en Ames
A ruta xacobea “Camiño da Ría de Muros – Noia” entra en Ames, desde a parroquia brionesa de O Tremo, pola aldea de Carballido, continúa por Cantalarrana e desemboca na ponte da Condomiña. Após de atravesar a estrada xeral que une Bertamiráns con Osebe, a ruta continúa pola estrade vella de Ortoño, pasa por Outeiro, Bugallido e Fraiz e chega a a Moniña, no límite con Compostela. O paso do camiño por este traxecto, lindeiro co núcleo urbano de Bertamiráns, constitúe a última etapa da ruta antes de chegar ao concello de Compostela.

Este camiño xa era ruta xacobea no século XII. Recupérase logo dunha investigación de tres anos a través da que, logo de revisar cartografía e documentación histórica, puido acreditar que os peregrinos e peregrinas que completaban a ruta que pasa polos concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela, recibirán a “Compostela”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Fitur, escaparate de las rutas de peregrinación de Arousa norte y de la Ría de Muros-Noia"

Fitur, Camiño da Ría de Muros-Noia

Multimedia

  • Fitur, Camiño da Ría de Muros-Noia
  • Fitur, Camiño da Ría de Muros-Noia
  • Fitur, Camiño da Ría de Muros-Noia
  • Fitur, Camiño da Ría de Muros-Noia
  • Embedded thumbnail for