Martes, 1 xuño, 2021
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, vén de organizar unha xornada para celebrar o Día Internacional do Medio Ambiente o sábado 5 de xuño. As actividades comezarán ás 10.00 cunha ruta polo Val do Pasos. Para inscribirse débese enviar a un email a auladanatureza@concellodeames.gal ou chamando ao 660 004 665.
A ruta ambiental polo Val do Pasos vai dende Bertamiráns ata Tapia. A camiñata, de dificultade media, é de 9 quilómetros. Para inscribirse débese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. O punto de encontro será a Praza do Concello pero haberá a disposición un autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro, con saída ás 09.45 horas.