Xoves, 10 xuño, 2021
Ás 20.30 horas.
- Tipo
- Tematica
O xoves 10 de xuño, ás 20.30 horas, o autor Carlos Negro e o fotógrafo Benxamín Otero, estarán no Pazo da Peregrina de Bertamiráns para presentar a obra "Estrita necesidade". Ao acto tamén acudirán o poeta Baldo Ramos e o editor Henrique Alvarellos. A concelleira de Cultura, Natividade González, presentará o evento.
A obra "Estrita necesidade" rende homenaxe á xeración dos pais da posguerra. Trátase duns versos e fotografías que compoñen a nova obra de Carlos Negro, ilustrada por Benxamín Otero. Leva por título "Estrita necesidade" (Alvarellos Editora) e nela os autores renden homenaxe, escrita e visual, á xeración de país da posguerra, a uns tempos de racionamento, austeridade, duro traballo, afectos fondos e resistencia.