- Tematica
Dende a Concellaría de Mocidade convidase a todos os grupos de música a participar na xornada informativa que se impartirá na factoría, o local municipal de ensaio. Nesta reunión, que se celebrará o luns 12 de xullo ás 20.30 horas, explicaranse as melloras realizadas no local, as normas de funcionamento das instalacións e as formas de solicitalas de balde.
Co fin de que os mozos talentos de Ames teñan un local onde poder desenvolver a súa musicalidade de balde, a Concellaría de Mocidade realizou unha serie de melloras no local da Factoría, en Biduído.
Ampliáronse os materiais e modificáronse zonas das instalacións. Isto explicarase nunha xornada xunto coas normas de funcionamento e as formas de reservar o local de balde.
Escarlata Pampín, concelleira de Mocidade, asegurou que: “Estou moi contenta por pór a disposición o local de ensaio para os mozos e mozas do Concello. É unha magoa que polo protocolo Covid-19 estivese pechado durante todos estes meses pero aproveitámolos para realizar melloras no local. Agora xa poderemos gozar dun local axeitado e poñelo de novo a disposición do/as músicos e músicas”.