Venres, 30 xullo, 2021
O Concello de Ames achega as seguintes recomendacións para gozar con responsabilidade do X Millarock:
A apertura de portas será ás 20:30, pregamos puntualidade para poder comezar o festival á hora prevista.
As actuacións de Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala, terán lugar por esa orde, a partir das 21:00 horas.
O público sentarase nas cadeiras distribuídas no aparcadoiro da Travesía do Porto, atendendo ás indicacións do persoal de acomodación.
Para acceder ao recinto é necesario, mostrar o convite aos controladores de acceso, e facilitarlle toda información que se lles requira.
Todos os asistentes terán que pasar o filtro Covid: comprobación do uso da máscara, hixiene de mans e que non se presentan síntomas compatibles coa enfermidade.
Rógase non mudar de cadeira e permanecer de pé o tempo imprescindible.
Dispoñerase dun servizo de bar que atenderá nas propias cadeiras. O uso da máscara é obrigatorio salvo no momento da consumición.
O recinto conta con 2 WC e 1 WC mobilidade reducida.