Pestanas principais

O xurado do Canta con Ames xa decidiu quen pasa a final

Luns, 02 de agosto de 2021

O pasado mércores 28 de xullo o concurso, organizado pola concellaría de Promoción Económica, celebrou as semifinais na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. O acto foi presentado pola actriz, presentadora e veciña de Ames, María Mera. Dos 20 participantes, 6 foron seleccionados para pasar á final que se celebrará o 7 de agosto  no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

En plena celebración da festividade da Madalena, a praza de Manuel Murguía foi o escenario dos 20 semifinalistas do concurso Canta con Ames. Dos participantes, 14  deles foron do Concello de Ames, 2 do veciño Concello de Negreira e un representante dos concellos de Carballo, Padrón, Cee e Vilagarcía de Arousa respectivamente.

Nesta fase de semifinais cada cantante interpretou unha canción enteira, ou segmento, en galego, castelán ou inglés. Desta xornada saíron 6 seleccionados, dous por categoría, que pasaron á fase final: na categoría infantil participan Dana Virginia, de 10 anos e de Bertamiráns, e Carmen Cuevas, da mesma idade e do Milladoiro. Lara López, de Negreira e Elena Mosquera, do Milladoiro compiten na categoría xuvenil con 18 e 19 anos respectivamente. Por último, a categoría sénior estará representada por Montse Angueira, de Negreira, e Noelia Bellas, de Bugallido.

A actriz, presentadora e veciña de Ames, María Mera, foi a encargada de presentar as semifinais do Canta con Ames. Esta fase contou, ademais, coa presenza de Ángel Tames Andul, Inés Suárez Rey e María Eva Sebe García, xurado do Canta con Ames.

O xurado, composto por profesionais do mundo da música, avaliou a harmonía, ritmo, afinación, dominio da escena e interpretación. Tendo en conta os criterios, cada persoa do xurado puido outorgar a cada participante de 1 a 10 puntos por actuación.

Entre os/as participantes que non pasaron á final sorteáronse vales para gastar no comercio e na hostalaría local. Jorge López, Presidente de XEA, María Perfecta González, membro da directiva da asociación Palmira bulevar e Salomé Blanco en representación do Parque Empresarial Novo Milladoiro, fixeron entrega dos vales doados polas asociacións de comerciantes do concello.

Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica quixo agradecer: “A todos e todas as/os participantes que chegaron a Semifinal . Animalos a participar na segunda edición do Canta con Ames do próximo ano xa que grazas a ele/as axudouse a dinamizar as rúas do Concello e con iso axudar o comercio e hostalaría local”.

A final
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o 7 de agosto a final do concurso coincidindo coa celebración das festas da Peregrina. Os aspirantes interpretarán dous temas de diferente estilo musical. Todos os participantes da final levarán como premio un trofeo, unha cesta natural e un vídeo do seu paso polo concurso.

Aos/ás semifinalistas de cada categoría outorgaráselles un trofeo e cesta con produtos naturais xunto cun vídeo do seu paso polo concurso. Os gañadores/as, ademais dos anteriores premios mencionados, terán a oportunidade de cantar nas prebadaladas e xunto coa París de Noia o próximo 3 de setembro.

Nesta fase final será onde os participantes poderán interpretar os temas enteiros, sempre que non superen os 4 minutos. Os gañadores daranse a coñecer o mesmo día da final.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Seis voces femeninas disputarán la final de Canta con Ames"

Revista AmesGo: "O Canta con Ames prepárase para a final do día 7"

Semifinais Canta con Ames

Multimedia

  • Semifinais Canta con Ames
  • Semifinais Canta con Ames
  • Semifinais Canta con Ames
  • Semifinais Canta con Ames
  • Semifinais Canta con Ames
  • Semifinais Canta con Ames
  • Semifinais Canta con Ames