Pestanas principais

Éxito de convocatoria do Rastrexo nocturno organizado pola Aula da Natureza

Venres, 20 de agosto de 2021

30 rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos van participar esta fin de semana nunha Acampanada na Aula da Natureza. Os participantes van realizar un rastrexo nocturno. Coa caída o sol a rapazada vai saír ao monte para buscar pegadas e rastros de animais salvaxes para observalos no seu hábitat natural.

As prazas para participar no primeiro rastrexo nocturno esgotáronse nunha semana. A gran demanda provocou que das 25 prazas que había inicialmente se ampliase a 30. A rapazada non dubidou en que querer participar no primeiro Rastrexo nocturno organizado pola Aula da Natureza. A actividade ten como obxectivo observar animais salvaxes coma raposos, teixugos, coellos ou morcegos no seu hábitat natural. Para iso van percorrer o monte na procura de pegadas, pelos ou excrementos.

A actividade vaise desenvolver entre as 17:30 do sábado e as 13:30 do domingo. A saída terá lugar o sábado 21 ás 17:30 da Casa da Cultura do Milladoiro e sobre as 18 pasarán por Bertamiráns para recoller ao resto dos participantes.
Unha vez na Ameixenda realizaran unha pequena reunión para presentarse, montar as tendas e coñecer como se vai desenvolver o rastrexo.

O rastrexo dará comezo pasadas as 9:30 da noite. Os 30 rapaces e rapazas van percorrer a carballeira da Aula da Natureza e a zona da ruta dos cabaliños para buscar pegadas, sons, pelo ou excrementos e intentar localizar, así, animais que vivan no bosque como vagalumes, morcegos, raposos ou teixugos. Ademais, van colocar varias cámaras de trampeo que son unhas cámaras que disparan ao captar movemento.

A actividade retómase ao día seguinte co visionado das cámaras de trampeo, onde os rapaces e as rapazas van ver as imaxes capturadas ao longo da noite.

Co visionado dará por remato o rastrexo. A hora de chegada está prevista para as 13:15 en Bertamiráns e ás 13:30 no Milladoiro.

Aula da Natureza