Pestanas principais

Inscríbete e participa na Noite de Estrelas

Martes, 24 de agosto de 2021

A Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade dirixida a todos os públicos desenvolverase entre as 21:00 horas e as 00:30 do venres 27 de agosto. Para participar é necesario inscrición previa. Podedes anotarvos mandando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal.

Dar un paseo polos camiños do ceo e aprender a recoñecer o que vemos, ese é o obxectivo da Noite de estrelas. Unha actividade que se vai desenvolver este venres 27 de agosto no alto do monte de san Marcos entre as 21:00 e as 00:30 horas. Os asistentes guiados por dous expertos astrónomos, Antón Bouza e Belén López, achegaranse á lúa, ás galaxias, ás constelacións e poderán descubrir planetas como Venus, Saturno ou Xupiter.

A actividade está pensada para observar o ceo mentres os asistentes reciben nocións de astronomía cultural. Contemplar a lúa ou Venus mentres coñecemos da man de Belén e Antón como vían os astrónomos do pasado o ceo ou recibimos nocións de mitoloxía.

Recoméndase levar roupa de abrigo, unha manta ou esterilla para deitarse no chan e, no caso de ter, uns prismáticos para que non se nos escape ningún detalle. Con todo, dende a organización poñerán a disposición dos asistentes varios telescopios.

Para participar sairá un autobús ás 21:00 da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 21:10 do Pazo da Peregrina ata o monte de san Marcos. Os participantes percorreran o último tramo de subida ao monte camiñando.

Para inscribirse tan so hai que mandar nome completo, teléfono de contacto e lugar onde se collerá o bus ao correo auladanatureza@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

Lindeiros: "Noite de estrelas en Ames"

A Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas