Sábado, 18 setembro, 2021
Dende ás 10.00 ata as 14.00 horas.
A Concellaría de Mocidade organizou o programa [con]sentido. Con el preténdese inculcar aos mozos e mozas de Ames unha sexualidade positiva e saudable. A Xornada de Educación Sexual será na Casa da Cultura do Milladoiro entre as 10 e as 14 horas.
Todas as actividades teñen prazas limitadas. Os interesados poderán inscribirse ou obter máis información dez días antes de cada actividade no correo electrónico con.sentido@agasex.org.
