Pestanas principais

Quedan poucas prazas nos cursos de “Alfabetización dixital no rural”

Martes, 07 de setembro de 2021

A Concellaría de Cultura organizou, dende setembro ata decembro, un curso de alfabetización dixital nas parroquias do rural. Os cursos das parroquias de Agrón, Trasmonte, Aguapesada, Covas, Tapia e Ameixenda xa están completos. Quedan prazas nas parroquias de Bugallido, Biduído e Ortoño. Para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 615 401 264 ou 626 540 755.

O curso de “Alfabetización dixital no rural” foi ben acollido polos veciños e veciñas do rural de Ames. Das 90 prazas ofertadas 80 xa están cubertas e mesmo con varias persoas na listaxe de reserva. Esgotáronse as prazas nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Aguapesada, Covas, Tapia e Ameixenda.
Os interesados poden apuntarse nos cursos das parroquias de Bugallido, Biduído e Ortoño, onde quedan 2, 5 e 3 prazas respectivamente.

Organizado pola Concellaría de Cultura o curso de “Alfabetización dixital no rural” enmárcase na proposta de adquisición de competencias dixitais dos Orzamentos Participativos do ano 2019. Este curso está deseñado para achegar coñecementos sobre as novas tecnoloxías ao rural de Ames. Os obradoiros terán unha duración de 25 horas prácticas, repartidas durante 3 meses en dúas horas á semana.

Nas primeiras sesións impartiranse nocións básicas de iniciación á informática o sistema operativo, o uso do teclado, a elaboración de documentos sinxelos ou o tratamento da imaxe. Nas seguintes xornadas aprenderase sobre a navegación por Internet, o uso de distintos navegadores, o emprego dos buscadores, o correo electrónico, as redes sociais, o almacenamento na nube, a realización de distintos trámites a través da rede, aspectos de seguridade a ter en conta, etc.

Ademais, o curso, a pesar de que se desenvolverá co uso de equipos informáticos, inclúe explicacións para aprender a quitarlle o máximo partido aos dispositivos móbiles.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Case esgotadas as prazas para alfabetización dixital no rural"

Quedan poucas prazas nos cursos de “Alfabetización dixital no rural”

Multimedia

  • Quedan poucas prazas nos cursos de “Alfabetización dixital no rural”