Pestanas principais

Aberta inscrición para participar na andaina de presentación da Ruta Apego de Lens

Xoves, 09 de setembro de 2021

O xoves, 16 de setembro, presentarase a Ruta do Apego de Ames, situada nun dos tramos da ruta das Ribeiras do Tambre, entre os lugares de Lens e Oca. Con este motivo organízase nun andaina guiada dirixida a familias con crianzas na se realizarán actividades ambientais. As persoas interesadas en asistir  poden anotarse ata o 15 de setembro enviando un email a normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas quen van participar,  idade das crianzas e un teléfono de contacto.

Desde o Servizo de  Normalización Lingüística e en colaboración coa Aula da Natureza de Ames  están realizando unha intervención nun tramo da ruta das Ribeiras do Tambre situado nos lugares de Lens e Oca co obxectivo de estimular nas crianzas o coñecemento e a querencia polo noso patrimonio natural, cultural e lingüístico ao tempo que gozamos da fermosura e da riqueza ambiental que agocha Ames. Será a primeira Ruta Apego do Concello de Ames e contará con elementos informativos, de xogo e de descanso accesibles para as crianzas.

Este novo proxecto presentarase o vindeiro xoves, 16 de setembro, cunha andaina guiada dirixida a familias con crianzas na que, ademais do percorrido guiado, se realizarán diversas actividades ambientais e de xogo. As persoas participantes sairán en autobús ás 17.00 h do pazo da Peregrina de Bertamiráns e regresarán arredor das 19.30 h.

Para asistir cómpre inscribirse antes do 15 de setembro, enviando un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal no que se  debe indicar nome e apelidos das persoas quen van participar, idade das crianzas e  teléfono de contacto. As  prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición

O programa Apego, actividades formación e recursos para familias

O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia que apoia as familias con actividades, formación e recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames. Para ese primeiro contacto poden optar por diferentes vías: cubrir o formulario súmate ao apego  na  páxina web apego.gal, escribir a normalizacion@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 662 377 215.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Xa podes inscribirte na andaina de presentación da Ruta Apego de Lens"

Ruta Apego de Lens
Descargas: 
4.81 MB
Programa Apego

Multimedia

  • Ruta Apego de Lens