O Milladoiro podería quedar ser subministro de auga ás 24:00 ou ás 01:00 desta noite senón se reduce o consumo. Unha vertedura no río Tambre obrigou a cortar o abastecemento de auga que vén da potabilizadora de Santiago. Segundo o alcalde de Ames, Blas García, estamos ante un problema grave que podería deixar sen auga ao núcleo máis poboado do concello de xeito inminente e afectar ao resto do concello de non mellorar a situación.
A vertedura de augas fecais no río Tambre obrigou a cortar o abastecemento de auga do Milladoiro. O Goberno de Ames pídelle á cidadanía que o consumo sexa unicamente o imprescindible e cando sexa estritamente necesario. De non ser así estiman que o Milladoiro quedará sen auga entre as 00:00 ou as 01:00 horas.
A isto hai que sumar que a potabilizadora de Ames-Brión tamén paralizou o servizo, polo que, as únicas fontes de auga para todo o concello de Ames son o depósito xeral de Leboráns e un depósito auxiliar.
Dende que se coñeceu o problema o Goberno de Ames pediu, a través de todos os medios dispoñibles, un consumo de auga responsable por parte da cidadanía. Ademais, está en contacto estreito con Espina&Delfin para coñecer como evoluciona a situación.
Espina&Delfin vai realizar unha análise da auga que se capta en Lens ás 21:00 horas para determinar si xa se pode empregar. A idea é comezar a captar auga o antes posible para encher tanto o depósito de Leboráns coma o depósito auxiliar que hai ao lado da potabilizadora e manter, así, a subministración.
A empresa subministradora ten mobilizados, tamén, varios camións cisterna para subministrar ao Milladoiro por si se corta a auga.
Segundo o alcalde de Ames, Blas García, Ames atópase ante un problema moi grave “De non mellorar a situación o Milladoiro, o núcleo máis poboado do concello, podería quedar sen subministro de auga en só tres horas. E de continuar a situación o corte de auga afectaríalle tamén a Bertamiráns e ás parroquias do rural do concello”. E engadiu “ pedímoslle á cidadanía o aforro e un control do consumo da auga para manter o subministro ata que se resolva o problema”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Restricciones de agua en Ames y Brión por el vertido que afecta a Santiago"
Revista AmesGo: "Última hora do Concello sobre a auga"